
Alberto Salgado convocado pola RFEA.
O noso adestrador Alberto Salgado foi chamado pola Real Federación Española de Atletismo para participar na concentración de saltos que durante o Nadal organiza a RFEA. Terá lugar en Castellón dende o 26 ata o 30 de Decembro. Esta é a segunda ocasión que o noso adestrador de Saltos horizontais e velocidade é convocado pola RFEA. Parabéns!












