ESCOLA CELTA ATLETISMO
A Escola Celta Atletismo nace co propósito de acoller as categorías inferiores do Real Club Celta de Atletismo e do Club Atletismo Femenino Celta. Ámbolos dous clubes teñen como obxectivo adestrar aos nosos propios atletas dende os seus primeros pasos no atletismo ata a súa etapa de máximo rendemento deportivo. Cremos nun proxecto sólido, ben organizado e estruturado, que facilite o traballo dos adestradores e o ensino de todas as disciplinas atléticas. Con todo isto, buscamos que a nosa actividade gañe en calidade e competencia.
A nivel organizativo, dividimos aos nenos por categorías, de xeito que as ensinanzas sexan adecuadas a cada etapa de aprendizaxe. Ademais, facilitamos a organización das familias tendo varios grupos e horarios. A nosa actividade a nivel competitivo, céntrase nas competicións atléticas organizadas pola Fundación Deporte Galego da Xunta de Galicia, nas competicións da Federación Galega de Atletismo e nas diferentes competicións e actividades organizadas pola propia Escola.
Na actualidade, traballamos con máis de 230 nenos e nenas, que van dende os 6 ata os 15 anos. O noso corpo técnico está formado por Licenciados en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e Monitores Nacionais de Atletismo, con anos de experiencia as súas costas no ámbito educativo e no adestramento con nenos.
Na Escola Celta Atletismo imos na procura de que os nenos medren co atletismo, maduren a nivel deportivo e coñezan todas as disciplinas atléticas. Desta maneira faremos que os futuros atletas pertencentes o Real Club Celta de Atletismo e Club Atletismo Femenino Celta, cheguen completamente formados e preparados para afrontar outros obxectivos deportivos.
Podedes consultar os horarios e as tarifas para a presente tempada no Regulamento Escola Celta Atletismo 2021 – 2022.
Para máis información podedes poñervos en contacto coa Escola Celta Atletismo a través do correo electrónico: escuelaceltaatletismo@gmail.com ou no teléfono: 698 962 481.
¡Se eres céltico ou céltica ven con nos á pista!
