O Celta Atletismo organiza unha xornada de convivencias para os nosos mozos atletas, co obxectivo de fomentar a integración e a convivencia entre todos os membros do club. Será unha oportunidade única para que @s nen@s disfruten dun fin de semana nun ambiente divertido e natural, compartindo experiencias con compañeiros novos e antigos. 💙
📅 Data: Sábado 21 – Domingo 22 de setembro
📍 Lugar: Camping Praia Maceira
🏠 Aloxamento:Bungalows con capacidade para 4 persoas (1 cama dobre e 2 individuais).
🍽️ Inclúe:
- Cea do sábado
- Almorzo e comida do domingo no restaurante do camping.
🔝 Actividades dispoñibles:
- Piscina 🏊♂️
- Sala de cine, karaoke, sala de xogos
- Fútbol ⚽, ping-pong 🏓, basket 🏀
- Busca do tesouro, pickleball
- Alugueiro de paddle surf (8€/hora) e flotadores para o río (3€/hora)
💶 Custo estimado: 63€ por persoa (o prezo final dependerá do número de inscritos).
🚗 Transporte: Será xestionado por cada familia. Se alguén ten dificultades para o desprazamento, por favor, comunícao para buscar alternativas.
📝 Inscrición: Os interesados deben confirmar a súa asistencia antes do domingo 15 de setembro.
Por favor, envíen un correo a escuelaceltaatletismo@gmail.com , incluíndo:
- Nome completo do atleta
- Teléfono do titor
- Alerxias ou intolerancias alimentarias
Unha vez confirmadas as inscricións, informarase dos pasos para efectuar o pagamento.
Localización das xornadas
Últimas noticias:

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA

O COE OTORGA A PLACA OLÍMPICA AO MÉRITO DEPORTIVO AO R.C. CELTA ATLETISMO

Comunicado Oficial

VIII TROFEO SOLIDARIO DE NADAL CELTA ATLETISMO-DIGOIN

PARTICIPA NO NOSO SORTEO E GAÑA UNHA VIAXE A PORTAVENTURA
