Campus de Verán RC Celta Atletismo 2026

Xa está aquí o Campus de Verán RC Celta Atletismo!

Este verán regresa unha das actividades máis agardadas polos máis novos. O Campus de Verán RC Celta Atletismo está pensado para que nenos e nenas gocen dunhas vacacións activas, combinando atletismo, natureza, aventura e diversión nun entorno seguro e supervisado por profesionais.

Durante dúas semanas, os participantes poderán descubrir diferentes disciplinas deportivas, mellorar as súas habilidades motrices, facer novos amigos e vivir experiencias inesquecibles mentres desfrutan do deporte ao aire libre.

Información xeral

Idades

Dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 13 anos.

Horario

  • Actividade principal: de 09:45 h a 14:15 h.
  • Servizo Plan Madruga: de 08:00 h a 09:15 h.

 

O Plan Madruga desenvolverase na oficina do club, situada na Praza da Miñoca nº 33, desde onde a organización trasladará aos participantes ata o lugar de inicio das actividades.

Prazas limitadas: máximo 12 participantes por semana.

Merenda

Cada día, a media mañá, os participantes recibirán unha peza de froita e unha botella de auga.

Datas

Semana 1: Do 22 ao 26 de xuño

Semana 2: Do 29 de xuño ao 3 de xullo

Actividades

O programa inclúe unha ampla variedade de actividades deportivas e de lecer, entre as que destacan:

  • Atletismo na Pista Municipal de Balaídos.
  • Exhibicións e actividades atléticas.
  • Escalada en Mapache Climbing.
  • Kaiak con Construaventura Club na Praia da Fontoura (Bouzas).
  • Sendeirismo polos montes de Vigo.

 

A programación detallada de cada xornada será enviada ás familias durante a semana previa ao inicio do campus.

TARIFAS

MÁIS INFORMACIÓN

Para calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición ou co funcionamento do campus, podedes contactar con:

Sara
📞 698 962 481

Agardámosvos para compartir un verán cheo de deporte, diversión e novas experiencias!

PATROCINADORES
SÍGUENOS EN NUESTRAS REDES OFICIALES