Pablo Nogueira. Fotografía: Juan Ramilo
As pistas Ourensás de Monterei acolleron este sábado 23 o <<Campionato Xunta de Galicia de clubs aire libre 2022>>. Como é costume, ata este campionato desprazáronse, non só atletas, senón que tamén o corpo técnico celeste, amigos e familiares que non se quixeron perder a xornada festiva e gozar do mellor atletismo galego.
Como vén habitual, os atletas celestes loitaron con todas as súas forzas, o que permitiu que os novos equipos celestes conseguisen dous subcampeonatos, tanto en feminino, como en masculino, realzando ao grupo celta atletismo como un dos mellores combinados atléticos de todos os tempos en Galicia.
Aínda que o ano pasado podiamos falar dun cambio xeracional nas filas da familia celeste, este ano podemos confirmar que este cambio funciona, convence e gusta.
Tanto é así, que o equipo feminino quedou ás portas da 1º posición, só 9 puntos separárono da sociedade Ximnástica de Pontevedra (128 ptos). Os 119 puntos obtidos polo combinado céltico foron posibles a actuacións como a de Maria Carballido 1º posto nos 800 m (2:14.30 sg), Uxía Paz 1º posición no triplo salto con 11.64 m, Raquel Villa 1º clasificada, tamén, no lanzamento de Peso, ou a de Paula Piñón, tamén 1º clasificada no lanzamento de xavelina grazas ao seu 44.30m.
Valeria González, pola súa banda, conseguiría un 2º posto nos 200 m, grazas a un rexistro de 13.06 sg. Mesmo posto conseguirían as mozas do relevo 4×100; o combinado formado por Uxía Paz, Lucía Sánchez, Carmen Barros e Mencia Valdivieso superaría a meta parando o cronómetro en 50.13 sg.
Ágata Rodriguez asinaría un terceiro posto nos 110 m valos (16.51 s) outorgando 6 puntos ao equipo, mesmos puntos obtería a lanzadora Vitoria Eiriz, no lanzamento de disco, grazas ao seu 34.75m. Mar Chillón faría o propio, chegando en 3º posición nos 5.000 m marcha cun tempo de 26:22.16. O relevo céltico do 4×400 formado por Daniela Castro, Carlota Salgado, Paula Del Alcazar e Celia Pérez sumarían tamén unha 3º praza.
O resto de puntos célticos virían da man de Lucía Sánchez, 4º clasificada nos 200 m; Mariña Prieto, 5º nos 400 m; Clara Román, 7º nos 1500 m; Celia Pérez, 4º nos 3.000 m; Irene Quereizaeta, 4º nos 400 m valos; Karen Castros, quinta clasificada nos 3.000 m obstáculos; Martina Gutiérrez, 4º clasificada na altura; Helena Bello, 4º no salto con Pértega; Carlota Salgado, 4º no salto de lonxitude e Patricia Verónica Del Rio, 4º no lanzamento de martelo.
O equipo masculino non foi menos, e tras loitar toda a xornada, conseguiu un 2º posto detrás da fortalecida Sociedade Ximnástica de Pontevedra.
Os 118 puntos obtidos polo conxunto masculino foron graza, en parte, aos primeiros postos de Sergio Coello, 1º clasificado no salto de lonxitude, grazas aos 7.03 m rexistrados; e resultado obtido no 4×400 (1º posto), formado por Ricardo Cortizo, Chinweike David Ngwudile, Juan Núñez e Pedro Juncal.
O noso velocista, Javier García, pola súa banda, conseguiría unha segunda posición, grazas ás súas 10.91 s no 100m. Mesma posición ocuparía Pedro Juncal (22.18 sg) pero no 200m. Juan Núñez faría o propio nos 800 m, sumando 7 puntos nos 800 m grazas a un rexistro de 1:56.12. Hugo García tamén sumaría unha segunda praza, nos 1.500 m, parando o cronómetro nos 4:00.08.
Raúl Cortizo, alzaríase, tamén co segundo posto, na altura, grazas a superar o listón en 1.89m. O seu compañeiro Xoel Otero, con 13.75, obtería o mesmo posto, pero no triplo salto e o incombustible Miguel Granados, faríase coa segunda praza no lanzamento de Disco (43 m), do mesmo xeito que o seu compañeiro de adestramento Yago Araújo, quen o conseguiría no Martelo grazas a un mellor lanzamento de 60.70m.
O relevo céltico do 4×100 formado por Jesús Manuel Román, Sergio Coello, Raul Cortizo e Javier García. igualaría xesta, conseguindo sumar os 7 puntos do segundo caixón.
6 puntos achegaría Ricardo Cortizo nos 400 m (49.36 sg) e Hugo Súarez, terceiro nos 300 m grazas a un rexistro de 9:00.52.
A participación céltica completaríana Adolfo Sainz-maza, 5º nos 110 mv; Chinweike David Ngwudile, 7º nos 400 m valos; Sergio Souto, 4º nos 3.000 m obstáculos; Fernando Paredes, 4º no lanzamento de peso; Daniel Loureiro, 4º no lanzamento de Xavelina e Brais Súarez, 5º clasificado na 5.000 marcha.