PRIMEIRO CAMPIONATO INTERNACIONAL; MMP E PÓDIUM PARA CARLOTA SALGADO

Pablo Nogueira

Os pasados días 1 e 2 de febreiro puidemos ver en Madrid competir ás futuras promesas españolas de probas combinadas no xa tradicional <<Trofeo Ibérico de Probas Combinadas Sub18>>. Nesta ocasión, puidemos gozar da promesa céltica Carlota Salgado. Carlota, seguindo o ronsel da súa compañeira de adestramentos, actual campiona Sub23 de probas combinadas, e ex-céltica Eva Queimaño, debutaría como atleta internacional defendendo as cores da RFEA neste campionato.

A nivel global, España gañaría o encontro fronte a selección portuguesa, en parte grazas a unha excelente competición da nosa atleta, a cal levaría a prata a nivel individual grazas aos 3.496 puntos conseguidos, cos cales asentaría un novo récord persoal.

Resultados de Carlota Salgado:

  • 60m valados: 9.14s.
  • Salto de Altura: 1.66m.
  • Lanzamento de Peso: 11.18m.
  • Salto de Lonxitude: 5.02m.
  • 800m: 2.34,37
PATROCINADORES
SÍGUENOS EN NUESTRAS REDES OFICIALES