PEDRO VÁZQUEZ: CAMPIÓN DO MUNDO ESCOLAR

Pablo Nogueira.

O atleta celeste Pedro Vázquez Bueno acábase de proclamar campión do mundo escolar dos 3.000 m ao impoñerse na carreira celebrada en Normandia durante o transcurso da Gimnasiada 2022 organizada pola ISF(International School Sport Federation).
O prometedor atleta, adestrado polo noso apreciado Manuel Martínez Ageitos, soubo ler unha carreira moi táctica, onde conseguiu impoñerse ao ugandés Cherotich Victor logrando un rexistro de 8:14.04, marca mínima para participar no Campionato do Mundo Sub20. Cabe destacar que o vigués xa conseguira rebaixar o tempo esixido para participar no encontro mundial.

Sen ningunha dúbida estamos ante un atleta que nos dará moitas alegrías nos próximos anos!

PATROCINADORES
SÍGUENOS EN NUESTRAS REDES OFICIALES