O pasado fin de semana celebrouse en Madrid o “LXVII Campionato de España Sub20” nas pistas de atletismo de Vallehermoso. Catro foron @s representantes céltic@s que volven a casa cuns resultados reflexados no esforzo e na constanza desta tempada tan larga e complicada.
Comezando por Yago Araújo (Fotos: RFEA), un dos nosos mellores lanzadores de martelo, rematou a súa competición cuns 66,07m. Yago alcanzou a segunda posición no «Campionato de España de Inverno» e sobrepasou os 60m co martelo pesado no «Campionato Galego» no mes de agosto. Esta fin de semana, foi quen de subir ao podio quedando nunha magnífica 3ª posición a pesar de chegar o límite a esta fin de tempada.
Pola súa parte de Jonatas Pereira, terminou a súa participación moi preto de alcanzar o podio, logrando así a súa segunda mellor marca da tempada e un cuarto posto cun rexistro de 55,61m no lanzamento de xavelina.
A nosa mellor lanzadora de martelo, Patricia Correa, demostrou unha vez máis a súa valía rematando nunha quinta posición cuns fantásticos 47,91m. Patricia remata xa esta tempada difícil con boas sensacións e resultados incríbeis na que sobrepasou os 50m.
Marcos Bouza loitou por un posto no podio ata o final da proba. Tras unha boa dose de MMPs ao longo da tempada, acadou a sexta posición no lanzamento de disco rexistrando 47,67m, quedando así a pouco máis dun metro do terceiro caixón.
Noraboa lanzadores e parabéns tamén os seus adestradores Jose Manuel Hermida e Javier López Viñas polo seu gran traballo.
Por outra banda, celebrouse en Pamplona o “VI Campionato de España de Federacións Autonómicas Sub18”, no cal a Selección Galega rematou na cuarta posición. Tamén foron catro céltic@s os convocados para esta exitosa competición.
Nos lanzamentos, Eric Méndez logrou un extraordiario primeiro posto no martelo cun rexistro de 63,16m e Paula Piñón alcanzou os 30,66m no disco quedando na terceira posición.
Nos 400ml, Jorge Román, acadou a cuarta posición cun tempo de 50.14s e Hugo Suárez loitou nos 2000m obstáculos acabando oitavo cunha MMP de 6:32.50s.
¡Noraboa céltic@s pola vosa fantástica actuación!