O Grupo Celta Atletismo, co patrocinio da Concellería de Deportes do Concello de Vigo, Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Deputación Provincial de Pontevedra, Abanca, Patrocinadores e a participación da Federación Galega de Atletismo e o Comité Galego de Xuíces, organizará no mes de decembro o “IX TROFEO SOLIDARIO DE NADAL CELTA ATLETISMO”
- 00Días
- 00Horas
- 00Minutos
- 00Segundos
Ás portas do Nadal, volveremos a vivir unha fermosa xornada na que nenos e nenas, mostrarán o seu lado máis solidario doando alimentos non perecedoiros as familias menos favorecidas da nosa cidade. A totalidade de alimentos recollidos serán entregados o Banco de Alimentos quenes serán os responsables de facer chegar a nosa doazón a todas esas familias.
A cita será o domingo 20 a partir das 10:00 horas na Pista Municipal de Atletismo de Balaídos (Vigo). Poderán participar todos aqueles nenos e nenas dende a categoría Sub8 ata Sub16