UNHA COPA CON SABOR AGRIDULCE

Pablo Nogueira

O pasado sábado tivo lugar nas pistas ourensás de Pereiro de Aguiar, o XXXVI Campionato Xunta de Galicia de Clubs Absoluto onde o grupo celta atletismo presentou equipo en ambas as categorías, a masculina e a feminina.

O campionato estivo marcado polas importantes baixas de atletas craves, os cales en moitos casos víronse na obrigación de descansar e recuperarse de diversas molestias para unha 2º Xornada que terá lugar esta fin de semana.

 

É precisamente a preparación á segunda xornada de liga a que lastrou en gran medida a ambos os combinados vigueses os cales non puideron, desgraciadamente revalidar o título de campións galegos por segundo ano consecutivo.

A xornada transcorrería entre alternancia de postos na clasificación porvocados mesmo por probas baleiras. Ao final do campionato o Real Club Celta Atletismo subiría ao 2º caixón do pódium, con 108.5 puntos, por detrás dunha imparable Sociedade Ximnástica de Pontevedra, e por diante dun C.A Santiago que loitaría ata a última proba.

O C.Atletismo Celta Feminino clasificaríase de 4º, por uns escasos 10 puntos que imposibilitaron subirse ao pódium.

Sen dúbida o campionato deixa unha sensación agridoce a toda a familia do celeste, a cal pon a mirada xa na xornada de liga desta semana.

Podes consultar os resultados aquí