Pablo Nogueira.
O grupo Celta Atletismo volveu gozar dunha intensa fin de semana de actividade atlética. Nesta ocasión, a nivel nacional puidemos gozar das actuacións de 6 dos nosos no campionato de España por seleccións autonómicas, onde os nosos defenderon as cores da selección “Irmandiña” facéndose co 8 posto.
O noso atleta Pedro Juncal, seleccionado para correr os 400m lisos e ou 4×400 mixto (5ºposición), cruzaría a meta en 4º lugar certificando un rexistro de 47.72s. Pola súa banda, o noso saltador de Lonxitude, Sergio Coello conseguiríase afastar 7.11m da táboa de batida, conseguindo unha 5º posición.
Pedro Vázquez asinaría unha 7º posición no 3.000 m. con 8:13.96 mentres que o seu compañeiro de adestramentos Juan Núñez sería 12º no 800 m. con 1:55.61. No salto de altura, o combinero Adolfo Sainz-Maza, faríase cun 15º posto ao superar o 1.85, mentres que a saltadora de pértega Lisa Vosberg, quen non tivo o seu mellor día, pecharía a participación con todos nulos.
Pola súa banda, as pistas coruñesas de Elviña albergaron tamén esta fin de semana os campionatos galegos Sub16 e Sub 20 individuais e de probas combinadas. Ata o tartán coruñés desprazáronse máis de 40 célticxs os cales mostraron que o Grupo Celta Atletismo ten unha canteira que gusta, a nivel galego. O combinado celeste sumou un total de 31 medallas en ambas as categorias, 14 de ouro, 6 de prata e 11 de bronce.
Medallas de Ouro:
- Roi Martinez Roque, 200m Sub20: 21.82
- Jorge Román Leiros, 400m Sub20: 50.03
- Hugo García Souto, 800m Sub20 : 1:57.07
- Hugo García Souto, 3.000m Sub20 : 8:36.69
- Hugo Suárez Martinez, 3.000m obstáculos: 9:48.56
- Eric Méndez Seijo, lanzamento de martelo Sub20: 55.45m
- Paula Piñón Sureda, lanzamento de disco Sub20: 37.28m
- Paula Piñón Sureda, lanzamento de xavelina Sub20: 44.32m
- Xaido Nimo Álvarez, lanzamento de martelo Sub16, 52.15m
- Martina Gutiérrez Palacios, 100m valados Sub16: 15.45
- Martina Gutiérrez Palacios, Altura Sub16: 1.57m
- Valeria González Vázquez, salto de lonxitude Sub16: 5.29m
- Mar Simón Carreño, lanzamento de disco Sub16: 36.34m
- Mar Simón Carreño, lanzamento de martelo Sub16: 42.62m
Medallas de Prata:
- Roi Martinez Roque, 100m Sub20: 11.05
- Martín Barcia Carvajal, 200m Sub20, 22.08
- Aldara Cornes Aguiar, 100m Sub20: 13.18
- Ariadna Moreiras Gonçales, Altura Sub20: 1.37
- Maria Pena Ferreiro, lanzamento de xavelina Sub20: 36.75m
- Francisco De Borja Del Alcázar Táboas, lanzamento de martelo Sub16: 47.54m
Medallas de Bronce
- Martín Barcia Carvajal, 100m Sub20: 11.11
- Hugo García Souto, 1.500m Sub20: 3:59.41
- Manuel Rodríguez Estevez, 110m valados Sub20: 15.72
- Biruk González Rotea, 400m valados Sub20: 57.57
- Mario Del Hoyo Gómez, lanzamento de xavelina Sub20: 26.21m
- Biruk González, Hugo Suárez, Sergio Souto y Juan Núñez, relevo 4x100m Sub20: 49.08
- Jesús Manuel Román Golpe, 100m Sub16: 11.76
- Valeria González Vázquez, 100m Sub16: 12.54
- Carmen Franco Acea, 300m Sub16: 46.36
- Alejandra Prieto González, 300m valados Sub16: 45.41
- Marta Hermida Pita, lanzamento de martelo Sub16: 39.07m