Como ven sendo habitual, despois dun fin de semana cargado de competicións, traemos ben fresquiña unha pequena crónica das millores actuacións.

Comezamos facendo unha mención especial ao «II Trofeo Solidario de Nadal Celta Atletismo», onde os máis pequenos fixeron os seus primeiros metros na pista esta temporada e onde a solidariedade foi a maior protagonista. Recollimos 500kg de alimentos non perecedoiros e preto de 150 xoguetes, para que este Nadal sexa un pouco millor para os que menos teñen. Damos as gracias a todas as familias que colaboraron da nosa iniciativa.

Xa falando de tempos e mínimas, temos que dirixir a mirada cara Braga, onde varios dos nosos célticos foron calzar os clavos para competir no «Campeonato do norte de Provas Combinadas» e nas probas que se realizaban a maiores na mesma cita. O resultados máis destacados da xornada foron as mínimas nacionais obtidas por Celia Pérez, que fixo 4:50,17s no 1500m (mínima promesa), Gonzalo Basconcelo que parou o crono en 3:52,34 no 1500m e lle abre as portas do Nacional Absoluto, tamén Pedro Juncal tivo unha boa actuación no 200m correndo en 22,88s. Mención especial para Nediam Vargas que fixo Record Nacional de Venezuela de pentathlon cunha puntuación de 3001 puntos.
