ÚLTIMAS RABEXADAS DO INVERNO CON MEDALLA DE OURO INCLUÍDA

Pablo Nogueira.

Esta fin de semana presenciamos as penúltimas zancadas dos célticos en pista cuberta desta tempada

Na cidade catalá de Sabadell disputouse o “XLVI Campionato de España Sub-18 Short Track” onde unha representación de 4 atletas célticos loitaron por facerse oco entre os mellores da súa categoría.

Nos 200m puidemos ver a un espectacular Adrián Bernárdez que se proclamaría 8º cun rexistro 23.1 logo de correr en 22.58 e 22.84 a semifinal e a rolda clasificatoria.

Martiño Salgado parou o crono nos 2:01.96 na semifinal dos 800m mentres que Asheber Díaz, o actual campión de España de cros sub 18, finalizaría esta tempada invernal cun 7º posto nos 3.000m grazas a un tempo de 8:44.74.

Leo Rodríguez lograría pasar á final dos 60 metros valas grazas a un rexistro de 8.16. na rolda clasificatoria e de 8.21 na semifinal. En dita final Leo conseguiría proclamarse 7º (8.30).

Nos concursos, Martina Gutiérrez conseguría unha 7º posición no salto de altura ao saltar 1.62. Cabe destacar que o mesmo rexistro obteríao a 7º, 6º e 5º clasificada.

Pero non todo o atletismo no inverno sucede baixo teito. O noso grupo de marchadores viaxaron esta fin de semana ata Zaragoza para participar no Campionato de España de Marcha en Roteiro Absoluto e Master (20 km) Sub-20 Sub-18.

A alegría da xornada estaría protagonizada por Juan Rubén Piñeira quen se faría co Ouro no 30km marcha master M45 cun rexistro de 1:40.04.

O xoven Andrés González conseguiría cruzar a meta do 10 km marcha sub 18 en 47:57 facéndose así coa 7º praza. Na carreira estaría acompañado de Diego García quen pararía o crono en 54:22 chegando en 22º posición. Ambos os rexistros melloran as súas marcas persoais, indicativo da boa saúde deportiva da que goza este grupo de adestramento dirixido por Jose AR Casal.

As súas compañeiras de adestramento, dunha categoría inferior non quedaron atrás na modalidade de 5km cruzando a meta en 28:22 (Laura Vidal– 37º) e 28:29 (Ximena Vidal-42º) con MMPs ambas.

 

PATROCINADORES
SÍGUENOS EN NUESTRAS REDES OFICIALES