O Real Club Celta de Atletismo, Club Atletismo Femenino Celta e a Escola Celta Atletismo, co patrocinio da Concellería de Deportes do Concello de Vigo, Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Deputación Provincial de Pontevedra, Abanca, Socios Colaboradores do Grupo Celta Atletismo e a colaboración da Federación Galega de Atletismo e o Comité Galego de Xuíces, organizarán conxuntamente o “TROFEO SOLIDARIO DE NADAL CELTA ATLETISMO”.
Dita competición nace co obxectivo de xuntar nun mesmo día deporte e solidariedade. Será unha xornada na que os nenos e nenas inscritos, ademais de competir e demostrar as súas destrezas atléticas, deberán mostrar o seu lado máis solidario doando no momento de recoller o seu dorsal un xoguete novo ou alimentos non perecedoiros. A totalidade dos xoguetes e alimentos recollidos, serán doados a Cáritas e o Banco de Alimentos respectivamente.
O “TROFEO SOLIDARIO DE NADAL CELTA ATLETISMO” terá lugar o vindeiro sábado 19 de decembro a partir das 10:00 horas na Pista Municipal de Atletismo de Balaidos (Vigo).
Poderán participar todos aqueles nenos e nenas de clubs e centros escolares con licenza federativa ou licenza escolar en vigor para as categorías que van dende benxamín a cadete, exceptuando a categoría pre-benxamín.
A inscricións para os atletas federados faranse a través do sistema online da web da RFEA: https://isis.rfea.es/sirfea2/ ata 20:00 horas do 17 de decembro. Para os atletas con licenza escolar (dados de alta na plataforma Xogade pero non federados) e os atletas de categoría pre-benxamín, a inscrición farase enviando un correo electrónico a rccatletismo@hotmail.es, indicando: nome e apelidos, data de nacemento e DNI do atleta; máis o nome, apelidos e DNI do titor, xunto cun teléfono de contacto.
Consulta o REGULAMENTO DO «TROFEO SOLIDARIO DE NADAL CELTA ATLETISMO».
¡Esperámosvos!