TROCAMOS LIGA POR COPA. FELICES DE VOLVER.

Esta fin de semana volve a competición de Clubs a nivel nacional. Cambiamos Liga por Copa pero coa mesma ilusión de sempre. Madrid acollerá unha nova competición de Clubs, diferente sí, pero coa mesma esencia.

Os homes competirán na «Copa LaLiga Sports Plata – I Categoría» no novo Estadio de Vallehermoso o domingo pola mañá. Os rivais serán Cueva de Nerja, Tenerife Caja Canarias, AA Catalunya, C.A Gandía, C.D Surco, At. Intec – Zoiti e os nosos veciños da S.G.P.

Pola súa banda as mulleres se presentan na «Copa Iberdrola II Categoría – Serie A» en Moratalaz. UCAM, Celtíberas, Hinaco, A.D Sprint, C.A Silla, At. Oviedo e Bidezabal son os clubes rivais das nosas. A cita será tamén o domingo pero en sesión vespertina.

Ambos equipos presentan unhas plantillas repletas de canteiráns e con moitas gañas de debutar coa elástica celeste na Liga Nacional e loitar por unha boa clasificación. As novas xeracións de céltic@s xa comezan a asomar a cabeza. E felices que estamos de poder velo.

¡Forza e lume!