TODO SE DECIDIRÁ NA FINAL

Pablo Nogueira. Fotografía: Mateo Rivas

O Celta Feminino volveu tropezar na 2º xornada da liga Iberdrola. Nesta ocasión o conxunto celeste viaxou ata Valladolid onde os infortunios acontecidos ao longo de toda a xornada provocaron que as nosas ocupasen o 4º lugar (163.5 puntos), ao finalizar o encontro, por detrás do Valladolid (165.5), o Cornellà (167) e o Juventu Atletica de Elche, quen se impoñería no encontro con 187 puntos.
Na xornada disputada no complexo deportivo de río Esgueva, o Celta mostrou escintileos de grandeza, grazas a diversas actuacións, como Celia Castro terceiro posto os 100 m, ou a gran actuación de Ainhoa Reparaz, primeira clasificada no 200m.
Pola súa banda a francesa Charlotte Marie Elis faríase con primeiro posto nos 800 m, chegando a meta un segundo antes que a súa compañeira Maria Carballido, quen ocuparía a segunda posición. A francesa dobraría proba correndo os 1.500 m, chegando en segunda posición só superada polo seu compatriota e compañeira de club Alice Marie Genevieve Finot quen se faría coa primeira posición nesta proba e no 3.000m. Os 3.000 m obstáculos tamén estiveron marcados pola cor celeste, grazas ao primeiro posto de Ruth Carrera e o bronce de Eva Piñel. Mar Chillón faría o propio, cruzando en 3º posición nos 5.000 m marcha.
Nos concursos o éxito viría acompañado de Uxía Paz, terceira clasificada na lonxitude, e primeiro posto no triplo salto, Raquel Villa, ouro no lanzamento de peso; Paula Piñón, ouro na xavelina e prata no lanzamento de disco.

Combinado Femenino nas pistas de Valladolid

Pola contra, o equipo masculino desprazouse ata Monzón, onde gozaron dunha xornada con improvistos que os delegaron á 2º posición do encontro, sumando os puntos necesarios para acudir á Nucía, á ansiada final de loita polo ascenso a división de honra.

Os célticos sumarían 178 puntos, situándose en 2º posición, por detrás do CA Elche Decatlón (205) e diante do Aldahra Lleida UA (173) o Hinaco Monzón (128).

Nas filas célticas destacarían as actuacións, Pedro Juncal, Ouro nos 200 e nos 400 m, conseguindo 8 puntos, os cales lle coroarían como MVP da xornada, por diante do tamén céltico Miguel Granado, ouro no lanzamento de disco e no lanzamento de peso.

En primeiro posto tamén chegaría a meta o velocista Javier García, impoñéndose no 100m. Pola súa banda, o noso incombustible atleta, Gonzalo Basconcelo, a pesar de non estar no seu mellor estado de forma, chegaría en 2º posición nos 3.000 m obstáculo. En terceiro lugar chegaría o seu compañeiro Mateo Rodríguez no 3.000m.
As boas posicións celestes nos concursos virían da man de Sergio Coello, 1º na lonxitude, e 2º no triplo. Nesta primeira proba acompañaríalle Raul Cortizo, quen se faría coa 3º praza do evento.
No lanzamento de martelo, o noso lanzador Yago Arujo impoñeríase con folgura facéndose co primeiro posto. Pola súa banda, o benjamín do grupo, Andrés González, faríase coa 3º praza dos 5.000 m marcha, praza que compartiron os integrantes do relevo 4×100 (Miguel Gómez-Roi Martinez-Xoel Otero-Javier García) e da substitución 4×400 ( Biruk González-Alberto Pérez-Juan Nuñez- Ricardo Cortizo).

Combinado masculino nas pistas de Monzón