O comezo da nova lexislatura 2018-2022 na Federación Galega de Atletismo deixa un marcado carácter céltico dentro do ente. Despois do proceso electoral rematado o mes de novembro e a Asamblea Xeral celebrada o sábado 29 de decembro en Santiago de Compostela, o noso clube está presente nos seguintes órganos federativos:
- Xunta Directiva: O noso presidente Jose Ángel Serantes incorpórase ao órgano de goberno máis importante da Federación Galega en calidade de vogal, a proposta do presidente Isidoro Hornillos.
O noso presidente Serantes foi nomeado polo presidente da Federación para este posto. - Comisión Delegada: O lanzador Víctor Pérez Currás é o representante electo da Comisión de Atletas dentro deste órgano de goberno e representación.
- Asamblea Xeral: O estamento que representa a todo o atletismo galego será no que haxa unha maior presencia celeste. Tanto o Real Club Celta Atletismo como o Atletismo Feminino Celta forman parte do estamento de clubes a través dos seus presidentes, Serantes e Paula Mariño. Mentres, Manuel Ageitos, Mar Chillón e Víctor Pérez serán os nosos representantes dentro dos atletas, sendo 3 dos 5 representantes da provincia de Pontevedra.
Os representantes célticos na última Asamblea Xeral, no Hostal dos Reis Católicos. - Comité Técnico: Os adestradores do noso clube aumentarán os seus postos de responsabilidade na tecnificación galega, dentro do departamento dirixido por Madó González:
- Jose Manuel Hermida manténse ao fronte do lanzamento de martelo novamente, confirmando os seus éxitos nestes anos.
- David Gómez destaca como novo responsable de probas combinadas e saltos verticais, sendo o olímpico un dos adestradores que máis disciplinas abarca.
David abandonou a competición como atleta e atópase volcado na labor como técnico. - Tamén está presente a adestradora e presidenta do noso filial Verónica Cores (AD Mazi) como responsable de saltos horizontais (lonxitude e triplo salto).
Con estas incorporacións á FGA o traballo e crecemento do noso clube queda recoñecido xa polo noso atletismo, abríndose un novo e ilusionante período no cal as mellores do clube poderán beneficiar a todo o ámbito galego. Boa sorte a todos eles!