Chega a gran festa do atletismo nacional baixo teito, o LIII Campionato de España Absoluto de Pista Cuberta en Salamanca, onde teremos a sorte de ver a camisola céltica saltar ao tartán cos millores atletas españois do momento.
Dous seran os atletas celestes que viaxarán ata Salamanca, onde en doble xornada, disputarase na Pista Cubierta Gregorio Gil Pérez o nacional indoor. Unha das representantes será a pertiguista Beatriz Viteri, que acude ao campionato nun gran estado de forma e ca motivación propia dun campionato desta categoría, que de seguro a alzará para intentar millorar a súa marca.
Bea Viteri, intentará superar os 3.70m deste inverno.
Tamén competirá Gonzalo Basconcelo nos 1.500m, que despois dun gran comezo de tempada e de superar algunha molestia, intentará atopar as sensacións que nos encanta ver nel.
Se queres ver os nosos no campionato en directo, poderás seguilo na canle pública de Teledeporte, así que non te esquecaes de animalos, que non cho conten.
Desexarlle sorte dende aquí, e que sigan medrando e collendo experiencia. ¡Lume!.
Gonzalo batirase cos mellores especialistas do 1500m nacional.