Comenzamos forte este ano novo. Ainda cando case nos dixerimos as uvas de fin de ano, e xa estamos a preparar as expedicións célticas que competirán esta vindeira fin de semana.
Nada máis e nada e menos iniciamos o 2017, con dous Campeonatos Autonómicos. O sábado 7 de xaneiro, terá lugar no Palacio dos Deportes de Riazor (A Coruña) a XI Copa de Clubs de Pista Cuberta e no mesmo escenario, pero o domingo, celebrarase o Campeonato de Galicia Veterano en Pista Cuberta. En ambalas dúas citas, teremos unha magnífica representación celeste.
Na Copa de Clubs da pasada temporada, recordamos que os dous equipos célticos renderon a un grandísimo nivel acadando as mulleres o ouro e os homes a prata. Para esta edición houbo algún cambio de «cromos» nas escuadras que optan a ambos títulos, pero aínda así, igualdade será a tónica xeral de todo o campeonato. Sen dúbida, os nosos loitaran por ambos títulos galegos.

Por outra banda, no Campeonato Galego de Veteranos participarán moitos dos nosos ilustres veteranos, algún deles terán un intensa fin de semana participando en ambos campeonatos. Miguel Gómez, Fernando Paredes, Manuel Márquez, Juan Bello, Pablo Rodríguez, Manuel Rodríguez, Noel Vega, José María Otero serán os nosos representantes masculinos, mentres que no bando feminino Emma Valencia e María José Sanromán serán as únicas representantes.
Esperamos moi boas prestacións de todos eles e, seguramente, volverán cargadiños de títulos e medallas. Serán os nosos Reis Magos de Oriente esta fin de semana, xa non podemos esperar máis para que chegue o gran día.