PEDRO VÁZQUEZ, OUTRO PRODUTO MARCA «AGEITOS»

· Uxía Paz. Fotos Pedro: Miguelez – RFEA.

Novo fin de semana de moitas competicións no que @s céltic@s afrontaron outro Nacional e tres Campionatos Galegos nesta recta final da tempada de Pista Cuberta.

«XLIII Campionato de España Sub18 en Pista Cuberta». Barcelona

Nos 3000ml veriamos a incrible actuación de Pedro Vázquez, quen lograría proclamarse Campión de España e colocarse na primeira posición do Ránking Nacional. Pedro volvía coa medalla de ouro e un excelente tempo de 8:34.95, sendo esta a segunda mellor marca de sempre. Ademais, nesa mesma proba, Mateo Rodríguez terminaría 9º cun fantástico tempo de 8:49.37, sendo esta a súa nova MMP. Pola súa banda, Juan Núñez chegaba a cidade catalana coa idea de meterse na final dos 800m, pero nas semifinais tivo unha caída que lle impediu rematar poder loitar pola mesma. Os tres son a representación do bo traballo que se está a facer no Sector de Medio Fondo e Fondo gracias o bo facer do Capitán Ageitos.

Carlota Salgado participaba no salto de altura concluíndo no 8º posto. A nosa combineira saltaría 1,54m quedando a 11 centímetros da súa mellor marca personal, esta vez Carlota non tivo as mellores sensacións.

O velocista Martín Barcia, a pesar dunha lesión no lombo que lle impediu adestrar ao 100%, sería 12º posición nos 200m e 15º nos 60ml, facendo 23.93s e 7.41s respectivamente.

«XXXII Campionato de Galicia de Probas Combinadas en Pista Cuberta». ExpOurense

Neste campionato só tivemos a participación de Adolfo Sáinz – Maza. Adolfo liderou o heptatlón masculino rematando con 4403 puntos e revalidando unha vez máis o seu título de campión galego.

«XXXIV Campionato de Galicia Sub16 en Pista Cuberta». ExpOurense

Catro foron as medallas que colgaron ao pescozo @s nos@s no seu autonómico. Martina Gutiérrez sería plata cun salto de 1.46m na altura sendo esta unha nova MMP para ela. Martina Vázquez levaba o bronce e unha nova MMP nos 60mv, mentres que Alejandra Prieto remataba 6ª nesa mesma proba. Alejandra tamén faría o triple salto no que quedaría na 4ª posición a 30cm do podio. Candela Hermida e Daniela Castro meteríanse na final dos 300m rematando no 4º e no 6º posto respectivamente. Na proba dos 60ml participarían Carmen Franco, Claudia Castro, Valeria Vázquez e Jesús Román. Valeria faría 8.18s sendo prata, ademais competiría no salto de lonxitude no que remataría no primeiro escalón do podio cuns magníficos 4.94m.

«XXXVI Campionato de Galicia Absoluto en Pista Cuberta». ExpOurense

Comezando polo sector de velocidade, Miguel Gómez faría 7.30s nos 60ml, mentres que o campeón do ano pasado, Javier García “Chichu” remataba con 6.92s na final levándose a prata. Erik Fernández correría os 60ml e os 200m. Nos 60m rematou 4º facendo un bo rexistro de 7.20s, mesmo posto que acadou nos 200m onde na semifinal marcou o seu mellor rexistro do día, 22.59s. Manuel Rodríguez volvería competir nos 60mv sendo 4º cun rexistro de 9.25s. David Ngwudile e Jorge Román volvían pisar o tartán ourensá para correr os 400ml, Jorge acabaría 3º cun tempo de 50.55s e David pararía o crono en 51.17s quedando na 5ª posición.

Nas mulleres, Andrea Pais competiu nos 60ml rematando cunha mellor marca de 7.94s e cun 7º posto. Ademais, tamén faría os 200m no que concluíu con 25.98s na semifinal. O final da proba resentiuse dunha molestia e non puido participar na final. As nosas vallistas demostrarían unha vez máis a súa valía nos 60mv, Alicia Merino pararía o cronómetro en 9.09s sendo así subcampiona galega e Emma Valencia faría 9.27s quedando na 5ª posición. Alicia tamén faría o salto de lonxitude, concluíndo no 4º posto con 5.16m o mesmo posto que acadaría no lanzamento de peso no que lanzaría 11.68m.

Nos 800m Sergio Souto sería 10º posición con 2:04.68 e Clara Román volvería facer un moi bo rexistro rematando na 7ª posición con 2:26.29. Xa nos 1500m, Hugo Suárez quedaría a un posto de subir ao podio cun tempo de 4:10.72 mentres que Ruth Carrera e Elena Costas deixábannos coa boca aberta de novo. Ruth quedaba 5ª facendo 4:53.22 moi preto da súa MMP, Elena remataba a súa participación nun 6º lugar cunha MMP de 4:54.29.

O Sector de Saltos lévouse un ouro na pértiga dos homes cun salto de 4.64m feito por Miguel Cajaraville, quen volve liderar a proba un ano máis. No salto de altura, Xosé Fernández remataba 4º con 1.72m. Pablo Saá finalizaba no salto de lonxitude a un pé do podio con 6.42m sendo 4ª, na mesma proba Sergio Coello xogaba cos centímetros na tabla facendo seis intentos nulos. No triple salto volvería ao pasillo a nosa admirable veterana Cristina Estévez,  quen foi 7ª con 9.37m, rexistro que sería Récord Galego W45.

No peso feminino Raquel Villa levaríase a medalla de bronce cun gran lanzamento de 11.80m mentres Alicia González concluiría con 10.52m e na 7ª posición.

«Control de Marcas – Escola Celta Atletismo». Vigo

Na tarde do sábado 13 de marzo, baixo a nosa organización, tivo lugar nas Pistas de Balaidos dito Control no que participaron preto de 150 nenos e nenas. Nunha mañá de sol e nubes, varios clubs de Vigo e comarca, así como de varias cidades galegas, tiveron outra oportunidade para rexistrar os progresos dos seus pequen@s. Para moitos de eles, a proba foi a primeira da tempada e incluso, a primeira da súa curta carreira atlética.

Non queremos destacar ningún resultado, pero sí que as Pistas de Balaidos volveron a ser cita dunha competición atlética nestes tempos de Pandemia, algo do cal toca sentirse felices e satisfeitos.

A Pista Cuberta vai chegando o seu fin neste inverno de tantas dificultades. Bravo rapaces e adestradores polo voso traballo e bos resultados, agora toca poñer a mirada no Aire Libre.