
Eva Queimaño e Adolfo Sáinz-Maza, bronces absolutos en 60mv.
Ésta foi unha fin de semana na que os nosos volveron subirse a un podio autonómico, e xa van tres semanas consecutivas acando medallas en Campeonatos Galegos. No Campeonato de Galicia de 60m e 60mv celebrado no módulo cuberto de Lugo, dúas foron as medallas logradas por atletas célticos. En categoría feminina, Eva Queimaño, aínda en idade xuvenil, acadou a medalla de bronce












