
Femenino Celta 17/18: As altas e baixas para pelexar o Ascenso
Se as fichaxes dos homes son ilusionantes, as das mulleres consolidan o gran reto do Femenino Celta para este ano: pelexar e conseguir o ascenso a División de Honor. As novas célticas que aspiran a conseguir o ascenso como novatas son: Irene Gómez: A lanzadora de martelo da Factoría Hermida vén de destrozar o récord galego cadete da disciplina con 57’26m, acompañado de dous ouros a nivel nacional.












