Convocatoria Asamblea Xeral

Convocatoria Asamblea Xeral Ordinaria

COLABORADORES
Actualidad del Celta Atletismo

A previa 09/02: Promesas en Salamanca e Marcha polo Entroido!

 Fin de semana intensa en toda a xeografía galega polo Entroido, pero máis intensa aínda para os nosos atletas. O mes de febreiro xa entrou de pleno: Salamanca será o escenario central deste fin de semana co Campionato de España sub23 de Pista Cuberta. A presenza de 5 atletas célticos na cidade do Tormes dará o comezo aos campionatos nacionais baixo teito, sendo estes segundo a

Nin o frío pode cos célticos!

Febreiro comezaba cun fin de semana marcado polas baixas temperaturas, nunhas condicións que non invitaban precisamente a competir ao aire libre. Non obstante, os atletas célticos demostraron novamente o que é afouteza e rendiron á altura do comezo de temporada que levamos. No Campionato Provincial de Cross celebrado en Portas a Escola Celta Atletismo seguiu medrando. Os cadetes seguen demostrando que hai una xeración de moito futuro proclamándose

A previa 02/02: Galego de Cross e continúan os controis

Comeza o mes de febreiro para os atletas célticos. Nesta fin de semana o cross e os controis de marcas seguirán sendo os protagonistas. Ribadavia será a sé do LXXXIII Campionato de Galicia Absoluto de Campo a Través Individual e Clubs un ano máis. Á vila ourensá viaxarán Lucía Cardesín e Brais González como representantes na categoría sub20 e Fran Rodríguez e Juan Pazos na carreira absoluta este domingo. Lugo volve a acoller as

5 medallas dos combineiros, os cadetes seguen medrando

O último fin de semana de xaneiro estivo marcado polos Campionatos Galegos de dúas disciplinas tan distintas como o cross e as combinadas, dando deste xeito un respiro á pista cuberta antes do carrusel que vai vivir en febreiro e marzo. Lugo acollía durante o sábado e o domingo o Campionato Galego de Probas Combinadas no que o gran protagonista sería Adolfo Sainz-Maza. O lucense proclamábase campión galego absoluto

9 medallas en Riazor e novas mínimas nacionais

Como adiantamos na previa do venres, o comezo dos Campionatos Galegos de categorías supuxo a chegada de novas medallas á Casa Celta, así como novas mínimas para os nacionais: A coruñesa pista de Riazor volveu a acoller o Campionato Galego Sub23 Indoor nos que a representación céltica destacou nunha xornada con pouca participación. Andrea Nóvoa (ouro en Altura e bronce en 50mv) e Laura Rosende (prata en 400 e bronce en 200)

A previa 19/01: Galego Promesa en Coruña e máis controis

Despois do gran Galego Absoluto Indoor da semana pasada continúan as probas neste mes de xaneiro, dando paso agora ó sub23 e a novos controis de marcas: A Coruña volverá a acoller un Campionato Galego de Pista Cuberta despois da inauguración das instalacións de ExpoOurense, sendo o turno agora para os atletas Sub23. Nunha proba marcada polo escaso número de atletas, serán 9 os atletas célticos que acudirán buscando

PATROCINADORES
SÍGUENOS EN NUESTRAS REDES OFICIALES