
CARLOTA SALGADO, PRATA NACIONAL E ABANDEIRADA DA ESCOLA CELTA ATLETISMO
· Uxía Paz. Fotos: RFEA/Miguélez A gran protagonista desta fin de semana foi Carlota Salgado. Voou ata a Pista de Gallur en Madrid para demostrar a súa tremenda calidade no «XXXIII Campionato de España Sub16 en Pista Cuberta». Despois de quedarse fora da súa especialidade por tan só 4 puntos, a nosa combineira competiu no salto de altura. Lonxe de amilanarse, presentouse na
				
														










