OURO FRANCÉS E CÉLTICOS ENTRE O MELLOR DO ATLETISMO ESPAÑOL

Pablo Nogueira

A primavera achégase, e con ela déixase atrás a tempada de Short track (antigamente pista cuberta). Proba de iso é a celebración dos últimos grandes campionatos absolutos desta modalidade atlética.

Esta fin de semana celebráronse, paralelamente o Campionato de Atletismo Absoluto Short Track Español e Campionato absoluto Éltite Francés, no que o grupo Celta Atletismo estivo representado.

No país galo puidemos volver ver a unha cegadora Alice Finot que volvería facer gala dos seus galóns e obtería o ouro nos 3.000 metros. A atleta francesa afincada en Ponteareas e adestrada por Manuel Ageitos parou o crono en 9’06»18 conseguindo o posto de campioa de Francia.

Mentres tanto, nas pista cuberta de Expourense puidemos ver competir ao millo do atletismo Español, entre os que puidemos gozar da presenza de 5 atletas célticos.

Puidemos ver como a Venezolana Nediam Vargas volveu representar ao club nun campionato de España absoluto, obtendo un rexistro de 7.41 na semifinal dos 60 metros lisos despois de clasificarse para esta con un tempo de 7.44 e un 6.º posto na clasificación de eliminatorias.

Tamén puidemos ver a dúas discípulas de Manu Ageitos, as que, do mesmo xeito que a súa compañeira de adestramentos Alice Finot, pero en España, loitarían cada metro para obter uns resultados máis que satisfactorios. A fondista Eva Piñel representou ao club nos 1.500m clasificándose ata a semifinal onde parou o crono en 4.32.11, loitando coas mellores de España e demostrando a madurez atlética que poseé a pesar de centrarse no atletismo, deixando o tríatlon nun segundo plano, hai un par de anos.

Uxía Pérez, pola súa banda, representou ao club nos 3.000m, obtendo un rexistro de 9.43.78 e unha 11.º posición.

Sobre o tartán azul tamén puidemos gozar de Ricardo Cortizo, quen con 21.98 nos 200m faríase co 18.º posto nas eliminatorias.

Mesmo posto, pero no dobre de distancia, puidémonos atopar a Jorge Román, quen con 48.70 representou ao club entre os mellores mediofondistas de España.

Un broche máis que satisfactorio a unha tempada invernal chea de bos resultados e mellorías, cultivos do que será sen dúbida, unha tempada de aire libre á altura do centenario céltico.