Os nosos atletas e adestradores, de concentración RFEA.

O Nadal sempre son as datas escollidas pola Real Federación Española de Atletismo para organizar a súas concentracións nacionais.
Este Nadal temos repartidos a os atletas e adestradores célticos pola península Ibérica.
O tándem Irene Gómez e José Manuel Hermida atópanse na localidade lusa de Vila Real de Santo Antonio, na zona do Algarve. Acompañados tamén por Nico García na concentración de lanzamentos, onde tanto Irene como Nico son os máis xóvenes da concentración absoluta.
Olaia Becerril e o seu adestrador Alberto Salgado, atópanse en Castellón na concentración de saltos. Olaia, foi recén chegada de USA, onde se atopa estudando e adestrando.
En Los Alcázares (Murcia) atópanse David Ngwulide e o seu adestrador Enrique Hidalgo, para aprender e disfrutar na concentración de valados, na que é a primeira experiencia de este tipo para os dous.
Aproveitamos para comunicar, agora que faltan poucos días para que remate a tempada, que de todos os atletas nomeados soamente seguirá vestindo a camisola celeste David, os demáis decidiron mudar de camisola na tempada 2020 debido as oportunidades ofrecidas por outros clubs.

Parabéns e grazas, Célticos!