OLIMPÍADA CELTA ATLETISMO. LEVA OS XOGOS DE RÍO O TEU COLEXIO.

OLIMPIADAS CELTA ATLETISMOred

A Escola Celta Atletismo leva os Xogos Olímpicos de Río os centros escolares de Vigo. A través desta novidosa actividade, a nosa Escola pretende achegar o atletismo en pista os colexios da cidade. Os nenos e nenas de Educación Primaria poderán tomar contacto coas diferentes especialidades do atletismo realizando diferentes probas de salto, lanzamento, velocidade e resistencia, ben na Pista de Atletismo de Balaidos ou no propio centro escolar.

2

Dende o Club, queremos fomentar a práctica do noso deporte e dos valores que transmite nos nenos e nenas máis novos. Por este motivo, considermos moi importante a súa inclusión nas actividades paraescolares dos centros educativos e das ANPAS. Paralelamente, a Olimpíada Celta Atletismo tamén trata de localizar novos talentos atléticos e axudalos na súa aprendizaxe deportiva.

1

Se queres levar o «deporte rei» dos Xogos Olímpicos o teu centro escolar e disfrutar dunha maravillosa xornada de iniciación ó atletismo, non o dubides, e reserva o teu día en escuelaceltaatletismo@gmail.com ou no 675 949 324.

¡Leva os Xogos de Río o teu colexio!.

3