O Real Club Celta de Atletismo está de celebración e quere compartir este momento histórico con toda a familia céltica. Este venres 11 de outubro, na sede do RC Celta, conmemoraremos os 100 anos de historia do noso club cun evento especial, que unirá a todos aqueles que ao longo dun século contribuíron a facer do Celta Atletismo un referente a nivel local, autonómico e nacional.
A xornada comezará ás 19:30h cunha mesa redonda titulada «@s nos@s Olímpic@s”, onde figuras relevantes do atletismo e o olimpismo compartirán as súas experiencias e reflexións sobre o espírito olímpico e o deporte de alto nivel. Os ponentes iranse desvelando nas próximas semanas a través das nosas redes sociais. A mesa redonda está aberta ao público xeral cun prezo de 10€ por entrada.
Tras o coloquio, ás 21:00h dará comezo a cea-cóctel, seguida ás 21:30h da actuación musical en directo de Broken Peach, un grupo galego recoñecido polo seu estilo vibrante e orixinal. A partir das 23:00h, a festa continuará coa actuación DJ de Pabs, quen se encargará de poñer ritmo a unha noite inesquecible. E, para pechar con broche de ouro, a partir da 1:00h os maiores de 18 anos poderán gozar do after party oficial na Sala Gatsby – «The Great G», con descontos especiais e sorpresas preparadas para esta ocasión tan especial.
Mesa redonda
Aberto ó público xeral-
Acceso Mesa redonda "@s nos@s Olímpic@s" - Salón Regio sede RC Celta
Evento completo
Atletas, adestradores, exatletas, amigos e parexas vinculados co RC Celta Atletismo-
Acceso Mesa redonda "@s nos@s Olímpic@s" - Salón Regio sede RC Celta
-
Cea cóctel con actuacións - Salón Regio sede RC Celta
-
After Party Oficial - Sala Gatsby
Brochen Peach + After party oficial
Entrada para á festa sen dereito a cóctel. Acceso a partir das 22:00.-
Actuacións - Salón Regio sede RC Celta
-
After Party Oficial - Sala Gatsby
Entrada infantil
So para menores de 16 anos-
Acceso Mesa redonda "@s nos@s Olímpic@s" - Salón Regio sede RC Celta
-
Cea cóctel con actuacións - Salón Regio sede RC Celta
Aforo limitado: 300 persoas
Entradas: Xa podes adquirir as túas entradas a través de Cluber
Contacto:
📧 rcceltaatletismo@gmail.com / cafcelta@gmail.com
Convidámosvos a todos a unírmonos nesta celebración única e a compartir connosco o orgullo de 100 anos de paixón e compromiso co atletismo. Porque o celta atletismo foi, é e será parte da nosa historia!
Localización da xornada de celebración
Accede a las últimas noticias de nuestra web:

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA

O COE OTORGA A PLACA OLÍMPICA AO MÉRITO DEPORTIVO AO R.C. CELTA ATLETISMO

Comunicado Oficial

VIII TROFEO SOLIDARIO DE NADAL CELTA ATLETISMO-DIGOIN

PARTICIPA NO NOSO SORTEO E GAÑA UNHA VIAXE A PORTAVENTURA
