
Volvemos á carga unha semana máis, campeonatos e controis de marcas marcan a folla de ruta destes días para os nosos célticos.
Primeiro diriximos a mirada cara o módulo cuberto Gregorio Pérez Rivera de Lugo, onde se disputará durante todo fin de semana o Campionato de Galicia de Probas Combinadas de Clubs e individual cadete e veterano. O noso equipo feminino será un firme candidato aos postos de honra, ca presencia de Eva Queimaño, Nerea Perelló, Karolina Puchmertlova, Olaya Abril e Itsaso Fernández. Tamén estarán competindo Lara Fernández en categoría cadete e Adolfo Sainz-Maza no absoluto. Co gallo deste campeonato realizarase un control de marcas, onde competirán varios dos nosos atletas, entre os que podemos destacar a Emma Valencia e Kevin Barcia nos 60m.
Por outra banda o venres, na Coruña tera lugar a «II Xornada Coruña Corre en pista», aquí tamén contaremos con representación, onde atletas como Pedro Juncal ou Laura Chapela buscarán boas sensacións tanto no 400m como no 200m respectivamente. Xa en Vigo, en xornada dominical terá lugar a primeira xornada das «II Series Municipais Concello de Vigo» organizadas polo A.V.A, na que preto de 60 célticos poranse as zapatillas de clavos. Tamén o domingo, celébrase na Rúa (Ourense) o Campeonato de Galicia de Campo a Través Veterano onde Manuel Márquez e Cristina Estévez tomarán parte, ésta última como atleta asociada ó Atletismo Samertolameu.
Esperamos vivir un fin de semana de triunfos e boas marcas dos nosos e… ¡A por outra Copa de Clubs!.
