
Despois dun caluroso Campionato Galego Absoluto en Pontevedra, xa estamos de volta para traervos ben fresquiños os resultados máis relevantes dos nosos atletas.
A última gran cita do atletismo galego puxo o broche final da tempada para a gran maioría dos nosos. Sete foron as victorias celestes que viñeron da man de Patricia Correa no martelo (41.70m), Olaia Becerril en lonxitude (5.88m), Pedro Juncal no 400m (50.14s), Gonzalo Basconcelo nos 800m (1:53.94), Beatriz Viteri na pértega (3.22m), Miguel Cajaraville tamén en pértega (4.72m) e Nacho Fernández no martelo (62.11m).


Como peche da fin de semana temos a Francisco Pérez, a quen no Mundial Paralímpico de Atletismo FEDDI que se está a celebrar en Londres, non o acompañaron as sensacións, e non conseguiu amosar todo o seu potencial na lonxitude nin no triplo salto, aínda que ben seguro que o deu todo.
¡Moi orgullosos de todos vós!.