
XII Trofeo Alfonso Posada: Inscritos á altura da ocasión
O venres 1 de xuño o Celta Atletismo organiza unha vez máis o Trofeo Alfonso Posada, meeting que alcanza a 12ª edición para rendir homenaxe ó histórico presidente e xornalista dende os anos 50 do noso clube. O evento crecerá un ano máis congregando xa non só ós nomes máis destacados do atletismo galego, senón tamén portugueses ou asturianos e vascos. Os célticos serán protagonistas grazas







