Os distintos sectores dentro da estructura do Celta Atletismo (equipos masculino, femenino e a Escola de categorías inferiores) permiten ós nosos atletas entrenar diariamente nas viguesas pistas de Balaídos. Pero o noso equipo chega moito máis lonxe, seguindo a máxima de ser o primeiro equipo galego en homes e mulleres. Estes son algúns dos nosos atletas máis destacados que, malia non estar cos adestradores do clube, forman parte do mesmo estando perfectamente integrados:
- Franchu Pérez e Sergio Tellería: Dous atletas veteráns xa dentro do club que adestran tamén en Vigo. Sergio leva moitos anos sendo un dos atletas que máis puntos consegue nas Ligas grazas ó salto con pértega e Fran é un habitual nos Campionatos do Mundo para discapacitados, como o son tamén as súas medallas nestes eventos internacionais.

- Laura Chapela e Luis do Río: Dende Compostela estes dous estudantes de Dereito son un exemplo paradigmático de integración e bo rollo co resto do grupo. Laura leva enrolada moitos anos xa no Femenino Celta sendo unha habitual nos Campionatos Nacionais e unha das veteranas máis ilustres deste equipo tan xoven. Pola súa banda Luis malia ser novato o ano pasado adaptouse moi pronto á disciplina céltica e dende a capital galega adestra para seguir medrando e mellorando os seus resultados.

- Elvira Okutu, Brais Prieto e Laura Meira: Dende Pontevedra as nosas saltadora e lanzadora levan xa varios anos aportando puntos e participando a nivel nacional en distintos Campionatos, mentres que o marchador é un medallista habitual nos campionatos do seu sector.

- Jose Antonio Requejo e Gus Nieves: Malia adestrar e vivir en Ourense e Madrid, son dúas das nosas caras máis recoñecidas. O ultrafondista é un dos mellores atletas nacionais da súa disciplina, mentres que Gus debutou como céltico nas Paraolimpiadas de Sidney, repetindo en dúas ocasións máis sendo a última no 2012.

En resumo, atletas de grandísimo nivel xa constatado que seguen apostando por formar parte da familia céltica dende a distancia. Un auténtico exemplo de afouteza e corazón malia non ser ser canteiráns moitos deles!