Pablo Nogueira
O ADN céltico caracterízase por ter un compoñente que obriga sempre a cada atleta a loitar por cada centímetro, décima e mesmo milésima. Esta loita increméntase aínda máis, se cabe, cando se trata de competicións por equipos e nesta ocasión non ía ser menos
O pasado sábado, celebrouse na pista cuberta de Expourense a «XVII Copa Xunta de Galicia de Clubs en Pista Cuberta» onde nosas atletas proclamáronse campionas galegas mentres que o conxunto masculino conseguiu unha segunda praza.
O conxunto feminino subiuse ao caixón máis alto do pódium con 88 puntos, por diante de rivales históricos como a SGP (86) e o Ría Ferrol (83). Todo isto foi posible, grazas aos primeiros postos de Maria Carballido nos 800m (2.17.20); Lisa Vosberg en pértega (3.27); Raquel Villa en lanzamento de Peso (12.11); Ainhoa Reparaz en 200 m (25.19) e Elena Costas en 3000m (10:28.65); ao segundo posto de Carlota Salgado en altura (1.65m) e ás actuacións de Alicia Merino, quinta nos 60m valados; Ruth Carrera, tamén quinta, nos 1.500m e aos 8.34s de Valeria González que lle proporcionarían unha sexta posición. Como colofón á actuación de todo o equipo o relevo conformado por Eva Piñel, Clara Román, Lara López e Martina Vázquez cruzarían en 3ª posición a meta parando o crono en 5:43.34.
O equipo masculino, con baixas destacadas de última hora, acadou una puntuación de 87 puntos, por detrás da SGP (92) e por diante do Santiago (60). Sergio Coello sumaría 8 puntos en lonxitude, grazas a un primeiro posto (7.29); a mesma puntuación sumarían Raul Cortizo en altura (2.00); Javier García en 60m (6.81) e Pedro Vázquez en 1.500m (3:50.26). Pola súa banda, Adolfo Sainz-Maza acadadou un 2º posto na pértiga grazas aos 4.63m; o mesmo posto que Miguel Ángel Granado, en peso (14.42); Juan Núñez nos 800m (1:55.96) e Pablo Saa no triplo (13.58). Víctor Mosteiro, con 22.32s nos 200 m (3ª posición); Mateo Rodríguez (8:38.70 no 3000 e unha terceira posición); Chinweike David Ngwudile (4º nos 400m con 50.37) e Iago Núñez (5º nos 60m valados con 8.79); completarían o conxunto celeste ao que pondrían colofón Sergio Souto, Juan e Iago Núñez e Víctor Mosteiro cerrando a xornada cun 3º posto no relevo mixto.
Grazas a todos os atletas, adestradores, amigos, familiares e afeccionados que loitades por este Proxecto, facédesnos sentir, día a día, moi orgullosos.