NON PODÍAMOS DEXEXAR MILLOR COMEZO PARA CELEBRAR ESTOS 100 ANOS

Pablo Nogueira.

Despois de máis de 80 días seguidos de choiva en Vigo o sol protagonizou o seu tan esperado retorno. Isto sen dúbida puido entenderse como un sinal do que lle pasaría ao RC Celta Atletismo na estrea oficial da tempada 2024 da liga de clubs de atletismo de 1º división.

Os home acudiron á pista de Xixón onde se impuxeron no encontro por diante de todos os competidores. As mulleres pola súa banda conseguiron a 2º posición no encontro da liga Iberdrola que tivo lugar na localidade castelá de Valladolid. Este é sen lugar a dúbida, é un dos mellores inicios que se lle podían poñer á tempada onde o club cumpre os seus 100 anos.

Durante a tarde do sábado, e nun horario especial, os homes conseguiron nas pistas asturianas de Xixón os 189.5 puntos necesario para proclamarse campións do encontro cuadrangular grazas a espectaculares actuacións dos integrantes do equipo, que a pesar de sufrir varias baixas importantes, como a de Asheber Díaz (quen ao día seguinte se proclamaría campión de España de carreiras de montaña U18) saberían saír a lucir os galóns.