Para pechar o ciclo de renovacións dos nosos atletas máis destacados, posaron coa celeste 3 dos homes que xa están despuntando con ela: Miguel Cajaraville, Adolfo Sainz e Nico García
Miguel leva toda a súa vida vinculado ó clube, sendo un dos nosos mellores exemplos de canteira. O ano pasado o discípulo de David Gómez proclamouse Campión Galego Absoluto en salto con pértega, ademáis de acadar 2 primeiros postos nas xornadas de Liga de 1ª División.

Adolfo malia ser lucese de orixe xa leva 3 tempadas defendendo o noso escudo. O noso combinero a temporada pasada estoupou definitivamente levándose a prata no Nacional Promesa de Madrid baixo techo e o bronce no aire libre en Torrent.

O máis xoven dos 3, Nicolás García; debutou coa Rojita no mesmo encontro internacional de Salamanca onde o fixo Olaia Becerril, malia ser xuvenil de 1º ano. O discóbolo pontevedrés sitúase para o 2018 como un dos mellores lanzadores da súa xeración, e buscará revalidar o título de campión de España que xa logrou de cadete.

3 atletas que xa demostraron a súa calidade e que seguirán medrando dentro do clube. ¡Noraboa ós 3 pola súa renovación!