Despois dos pequenos fallos técnicos -xa subsanados- que imposibilitaron a tradicional previa do pasado venres 11, chegamos á mediados de maio cunha nova crónica semanal que confirma o grandísimo estado de forma dalgúns dos nosos atletas, así como o crecemento xa imparable do noso clube dende a base:
- O Ourense Thermal Meeting acolleu nas pistas universitarias da cidade das Burgas ó mellor do atletismo galego, portugués e español; formando parte do calendario da RFEA. Aínda que o tempo e a pista non estiveron á altura das anteriores edicións e expectativas, os célticos tamén fixeron acto de presenza. Entre todos eles sobresaíron Nediam Vargas (24,02) e Andrea Pais (25,18) nos 200m, copando deste xeito os primeiros postos do ranking galego e quedando ás portas da mínima absoluta no caso de Andrea. Luís del Río amosaría novamente o seu estado de forma cunha nova marca persoal no 800 de 1:53:39. Por último e tamén no mediofondo, Alice Finot lograría unha mellor marca da tempada no 1500 de 4:24:41.
- organizou novamente o seu prestixioso IX Torneo de Lanzamentos no que a nosa canteira do sector volveu a amosar a súa forza esta tempada. Irene Gómez batía novamente o seu RG co martelo de 3kg, chegando ós 59’57m. Nico García igualaría a súa MMP e RG do fin de semana anterior co disco de 1’5kg ata os 53’90. Tamén destacarían no martelo de 4kg cadete os medallistas nacionais Eric Méndez (61’40) e David García (54’50), moi preto das súas mellores marcas persoais.
Moito futuro, moito talento, moito celtismo nunha foto! Foto: Jose Manuel Gómez (Xa con Flickr!) - Lugo acollía unha xornada histórica para a nosa canteira co Campionato Galego de Clubes sub10, sub12 e sub14. Coa participación dos equipos célticos, a nosa Escola completaba o pleno de combinados presentados nestes campionatos, en homes e mulleres, de benxamín a absoluto. Os grandes protagonistas da xornada serían os infantiles que conseguirían un inesperado pero esperanzador 1º posto, levándose o título galego con 216pts. Os rapaces alevíns rozarían o podio con 98’5pts, a tan só medio do Ourense; e os benxamíns levarían outra medalla de chocolate con 85pts. Pola súa parte as rapazas lograrían un 12º posto e 113’5pts nas infantís, o 11º con 84pts nas alevíns e o 13º con 50pts nas benxaminas. Un notable a nivel grupal dunha Escola que asistía por primeira vez na súa totalidade e que ten aínda moito camiño por percorrer.
Os infantiles segunido a estela gañadora dos cadetes e do equipo absoluto masculino! - Xa na xornada do domingo, turno para o Campionato Provincial Alevín de Xogade, novamente na beira do Río Lérez. Chegarían ouros da man de Luis Fernández no lanzamento de pelota, Valería González en lonxitude e Marina Gutiérrez en altura. Acompañaría ás dúas no podio cun bronce Alejandra Prieto en ambas probas, redondeando a súa actuación con outro 3º posto das 3 xa nomeadas xunto con Carme Franco no relevo 4×60. Uns resultados individuais para refrendar os pequenos talentos no seu primeiro gran campionato.
- Ata terras portuguesas e non precisamente para ver Eurovisión desprazáronse as atletas do grupo de David Gómez para tomar parte no Meeting de Lisboa. Nunha xornada de gran nivel, Bea Viteri e Nayara Sobrinho saltarían 3’45 no salto con pértega, mentres que Karolina Puchmertlova lograría a súa mellor marca persoal na xavelina con 38’56m.
Karolina recollendo o seu premio no prestixioso meeting. Un novo éxito esta tempada para ela! - A nosa inesgotable atleta-directiva Cristina Estévez participaría en Gavá no nacional de probas combinadas para os veteráns, proclamándose Campiona de España cun novo récord galego en W40 no pentathlon e nas vallas. Unha auténtica segunda xuventude da nosa fondeira reconvertida.
As medallistas ó término do Campionato, coa nosa Cris á cabeza! - Nunha das probas máis especiais e distintas do mundo atlético tomaría parte o noso ultrafondista Jose Antonio Requejo o pasado 6 de maio. Ata Croacia desprazouse para tomar parte na Wings for Life, proba solidaria da que se proclamou gañador o ano pasado en Valencia. A proba consiste nunha carreira na que os participantes son perseguidos por un coche que parte a 15km/h e vai acelerando pouco a pouco. Nesta ocasión o atleta pelexou a vitoria malia a súa recente fisura nunha costilla, quedando nunha extraordinaria 2ª posición con 55 kms percorridos. Moi orgullosos de ti!
Imaxe de Requejo durante a carreira. Un claro exemplo de AFOUTEZA.
Unha crónica tan extensa só pode significar que os nosos atletas deron moito que falar a pasada fin de semana….e máis que darán. Agora xa no punto de mira: a II Xornada de Liga do 20 de maio, en Gandía e Alcorcón. Alí estaremos!