Pablo Nogueira.
O grupo celta atletismo destaca nas ligas pola mocidade dos atletas que compoñen os diferentes equipos, e isto vese traducido nos bos resultados dos campionatos de categorías menores.
Esta fin de semana puidemos ver unha nova expedición atlética, neste caso os nosos atletas Sub20 acudiron ás instalacións deportivas do “Parc Central” na localidade Torrent para participar no LXIX Campionato de España Sub20.
Os triunfos non tardarían en chegar, sendo a lucense Paula Piñón Sureda, a primeira céltica en subir ao pódium, neste caso no lanzamento de xavelina feminino, grazas a un lanzamento de 46.38m que a proclamou como campioa de España. Paula tamén competiu no lanzamento de disco cunha marca de 36.36m, conseguindo un 8º posto de finalista.
No pódium do campionato tamén puidemos ver a Eric Mendez Seijo, quen con 60.69m colgouse o bronce no lanzamento de martelo. No mesmo posto, pero nesta ocasión no 200m vimos a un flamante Roi Martinez Roque quen pararía o crono nos 21.83”.
Cun Bronce tamén se faría Hugo García Souto, parando o crono dos 1.500m en 3:49.99. Maria Pena, pola súa banda, faríase coa quinta posición, no lanzamento de xavelina, grazas a un rexistro de 41.42m. Seguindo coas carreiras puidemos ver ao céltico Pedro Vázquez asinar unha 4º posición nos 3.000m, a Martin Barcia quedar ás portas do seu final (clasificándose á semifinal do 100m cun rexistro de 10.85”), a Jorge Román 3º da súa semifinal dos 400m cun rexistro de 49.32”e a Chinweike David Ngwudile quen tampouco lograría meterse na final cun rexistro de 49.62”.
Nos 800m Juan Nuñez alzaríase coa 4º praza da semifinal grazas a un rexistro de 1:57.01. Nos 1.500 vimos a Mateo Rodríguez cruzar a meta aos 4:11.52 no 1.500m e chegar 8º nos 3.000m grazas a un tempo de 4:11.52.
Nos 110mv puidemos ver ao Manuel Rodríguez alzarse coa 6º posición da súa serie grazas a un rexistro de 15.50”. Nos valos tamén pero esta vez dando a volta enteira ao tartán, sería o celtista Biruk González quen cun rexistro de 58.87 consolidaríase como o 8º máis rápido da súa semifinal.
Sen dúbida un campionato muy emocionante que atestigua o bo facer das novas xeracións celestes.