MEDALLA DE PRATA NA PISTA CUBERTA

Pablo Nogueira.

O pasado domingo a pista cuberta de Expourense acolleu a XIX Copa Absoluta de Pista Cuberta. Ata o recinto Ourensán viaxaron os mellores combinados da nosa comunidade co próposito de baterse polo posto de mellor club galego de pista cuberta nesta nova tempada.

O Grupo celta atletismo mobilizaría aos seus primeiros equipos, os cales viaxaron ata a capital de provincia, co propósito de defender a 1º posición obtida o pasado abril na modalidade de aire libre.

A pesar do o esforzo dos nosos atletas, que proba a proba loitaron ferózmente, o resultado afastouse lixeiramente do obtido a tempada pasada.

Os homes, despois de protagonizar un moi bo campionato, coroándose na substitución, obtiveron a prata, consagrándose como o 2º mellor equipo de pista cuberta nesta ocasión.

Doutra banda, as mulleres quedaron á porta do pódium, obtendo a 4º praza nesta ocasión.

 

 

A pesar de que o grupo celta atletismo, por motivos organizativos, está conformado por dous clubs, se sumásemos os puntos do feminino e masculino, obteriamos unha puntuación de 150,5 obtendo o 2º posto na clasificación conxunta.