MADRID 2020

Madrid, nestes tempos de Covid-19 estase a converter na sede oficial do atletismo nacional. A Real Federación Española traballando arreo con diferentes clubes da capital, están facendo posible que o tartán multicolor das diferentes pistas de atletismo de Madrid, acollan nestes días competicións de carácter nacional, como son a «Copa Nacional de Clubes» e o «Campionato de España Absoluto en Pista o Aire Libre».

O fin de semana pasado, os equipos célticos competiron na Copa, obtendo uns resultados moi destacados e cunha actuación global moi meritoria.

O Real Club Celta, inmerso na «Copa LaLiga Sports Plata» obtivo o 7º posto en Vallehermosos, finalizando 15º na clasificación final da Copa, alcanzando un nivel próximo á División de Honra. A nivel indiviadual destacaron Pedro Juncal nos 200m, sendo segundo e pulverizando a súa marca personal cun 47.77s espectaculares; Abdel- Kadel Larrinaga nos 110m valados, segundo e destrozando a súa marca personal e parando o «crono» en 14.02s. O noso atleta portugués de orixe caribeña, arrebata o récord do clube o seu adestrador David Gómez, demostrando a boa parella de baile que fan os dous; Gonzalo Basconcelo, como sempre non fallou, logrou a victoria nos 3000m obstáculos (9’26.91) e o mellor e ver como desfruta desta competición; Juan Piñeiro, o atleta cangués do Vila, foi terceiro no salto de lonxitude voando ata os 7.01m o que supón MMP, non se pode facer mellor coma «L»; Yago Araújo, o noso «Thor» particular foi segundo no lanzamento de martelo marcando a herba a 58.68m.

Pola súa banda o Club Atletismo Femenino Celta, competiu na «Copa de España de Clubs – 2ª Categoría», sendo 3ª no Grupo A en Moratalaz, sendo 19ª clasificadas no total de tódalas categorías. Un bo resultado, ainda que elas saben que o seu lugar é máis arriba no atletismo feminino nacional. No tartán azul de Moratalaz destacamos as prestacións de Andrea Pais, a baionesa foi terceira nos 200m (25.56s) e pelexando coas mellores; Alicia Merino, vencedora nos 100m valados (15.14s), a lucense volve recuperar as súas mellores sensacións despois do confinamento; Carlota Salgado, a nosa atleta máis pequena e debutante, foi segunda no salto de alturan (1.55m), demostrando o seu carácter sendo ainda atleta de Escola; Eva Queimaño, o igual que Carlota discípula de David Gómez, foi segunda no salto de lonxitude (5.34m). Eva segue progresando nesta especialidade na combinada; Uxía Paz, brutal. Foi segunda no triplo salto cuns maravillosos 11.74m, MMP e cada vez máis preto dos 12m. As nosas lanzadoras volveron ter un papel destacado na competición. Raquel Villa (2ª en peso, 11.32m), Patricia Correa (2ª en martelo, 44.93m) e Paula Piñón (1ª en xavelina, 38.94m) forman un tridente de lanzadoras de luxo; Mar Chillón, que volve gozar das Ligas chegou a meta terceira nos 5000m marcha (27’22.82); destacar por último a actuación dos dous relevos, terceiras en ámbalas dúas carreiras.

Como diciamos, Madrid 2020, será a sede esta fin de semana da cita máis importante do Atletismo Nacional. Vallehermoso, Getafe, Alcobendas e Moratalaz acollen o nacional absoluto en pista o aire libre.

Alí estarán tres atletas célticos. Abdel-Kader Larrinaga competirá fora de concurso na proba combinada. Abdel, chega á competición nun estado de forma fantástico demostrado nas últimas citas. Haberá que estar atentos os seus 110m valados, os 13 segundos están moi preto; Pedro Juncal, como xa comentamos anteriormente, ven cunha traxectoria nas derradeiras semanas envexable, o seu obxetivo será volver batir a súa MMP; Yago Araújo, ve premiada a súa espectacular temporada coa súa participación no lanzamento de martelo. Yago, ten en mente volver superar os 60 metros e clasificar entre os finalistas.

¡Moita sorte e lume!