JAVIER GARCÍA «CHICHU» E UXÍA PAZ, DINAMITA LISTA PARA A LIGA

Esta fin de semana, previa a decisiva xornada de Liga, houbo actuacións moi interesantes por parte dos nosos e das nosas.

A cabeza desas boas prestacións destacamos a Javier García «Chichu» e Uxía Paz no «XXIII Trofeo de Atletismo Ciudad de Salamanca». Ata a cidade castelá-leonesa desplazáronse un bo feixe de atletas céltic@s bucando novas oportunidades para mellorar os seus rexistros e aspirar a clasificarse para uns campionatos nacionais moi esixentes. Como diciamos, dúas foron as figuras máis destacadas. Por unha banda, «Chichu» que cun actuación estelar acadou un mellor rexistro de 10.54s nos 100ml o que suporía a súa MMP, mínima para o Nacional Absoluto e o Récord do Clube na distancia. O pupilo de José Carlos Tuñas, coma céltico está a mostrar a súa mellor versión, ¿cal será o seu límite?. Nas mulleres destacamos a Uxía Paz, unha desas rapazas traballadoras que segue mellorando ano tras ano. Nun concurso de triplo salto moi regular, acadou unha MMP de 12.10m. Uxía, pupila de Alberto Salgado, aspira a clasificarse para o Nacional Sub23, ainda que terá que seguir mellorando centímetros para asegurar a súa clasificación. E importante suliñar, que varias marcas acadadas por atletas céltico@s quedaron anuladas por vento excesivo como é o caso de Sergio Coello, Andrea Pais e Roi Martínez. Deles o único que tivo o vento favor for Erik Fernández que tanto nos 100m coma nos 200m logrou dúas MMT (11.09s e 22:52s respectivamente).

Seguindo coas competicións nacionais, queremos destacar a actuación d@s céltic@s seleccionados coa Selección Galega no «VII Campionato de España de Federacións Autonómicas Sub18» celebrado en Granollers. Martín Barcia (6º nos 200m, 22:88s), Juan Núñez (4º nos 800m, 1´56:24s), Pedro Vázquez (2º nos 3000m, 8´43:87s), Carlota Salgado (12ª nos 400mv, 1´08.95s) máis a participación de Martín, Juan e Carlota nos relevos, axudaron o combinado galego a conseguir un fantástico 4º posto na clasificación final.

Xa na nosa terra, houbo tres campionatos galegos, concretamente todos no Barco de Valdeorras. No «Campionato Xunta de Galicia de Probas Combinadas Absoluto e Sub23», Adolfo Sáinz – Maza volveu gañar o título en xogo, destacando o seu bo facer no salto de lonxitude (6.68m) e no salto con pértega (4.20m). Os Sub23 tiveron tamén o seu autonómico, onde botamos de menos unha maior participación. Só houbo tres célticos en liza, Yago Aráujo quen fixo ouro en lanzamento de martelo (61.33m) e prata en lanzamento de disco (34.65m), Bilal Dahmouni ouro nos 3000m obs. (9´48.37s) e Pablo Nogueira que se levou o ouro na xavelina (41.64m). Por último, a Escola Celta Atletismo participou no «Campionato Xunta de Galicia de Clubs Sub14 – Trofeo ABANCA», onde o equipo masculino quedou as portas de subir o podium cun fantástico 4º lugar.

Agora xa toca pensar, nesta próxima fin de semana, onde a Liga Nacional volve a tomar o protagonismo e onde os homes loitarán polo asceso a División de Honra e as mulleres pola permanencia na Primeira División. ¡Lume!.