INTENSA FIN DE SEMANA CHEA DE TRIUNFOS

Pablo Nogueira.

A intensa actividade atlética desta fin de semana deu lugar a numerosas alegrías para o grupo Celta Atletismo. Fóra das nosas fronteiras, na nosa veciña Francia, puidemos ver a dúas das nosas atletas e pupilas do noso adestrador Manu Ageitos, competir no Campionato Absoluto de Francia( “Championnats de France Elite”).

Na devandita competición celebrada no estadio Hélitas da cidade capital de departamento de Calvados, Caen, puidemos ver competir a unha espectacular Alice Finot quen se faría co ouro nos 5.000m obstáculo cunha marca de 9’48“00 . A súa compañeira de fatigas Charlotte Mouchet non quedaría atrás, parando o cronómetro dos 1.500m en 4’20“58 impoñéndose na proba e facéndose co campionato. Sen dúbida dous ouros que testifican a boa forma que se atopa ambas as atletas galas.

Xa de volta en España puidemos gozar dun impresionante campionato de España.  As pistas de atletismo de Nerja acolleron o “CII Campionato de España Absoluto” onde a delegación celeste estivo conformada por un total de 6 atletas.

A participación celeste inauguraríaa como sempre o decatleta Adolfo Sainz-Maza, condenado a abrir sempre as competicións españolas, ao pertencer ás probas combinadas, competindo a xornada do venres e a do sábado. O lucense competeu a un moi bo nivel, chegando a superar a barreira dos 4.50m na pértega, mantendo a boa racha neste evento. Adolfo asinaría un resultado de 7001, outorgándolle unha 8º praza empatado con Vicente Guardiola.

Tamén puidemos ver a Pedro Juncal, voando sobre o tartán de en Nerja, certificando un rexistro de 47.39” (MMP) proclamándose como o 9º máis rápido deste campionato. Na mesma volta á pista, pero esta vez con valos competiu Iago Lugilde, quen pararía o cronómetro en 54.75”, conseguindo a 23º mellor marca do campionato.

Nos lanzamentos, a lucense adestrada por Necho Fernández, Paula Piñón daría a súa mellor versión lanzando a xavelina ata unha distancia de 47.32 metros, proclamándose como a 6º mellor clasificada con tan só 18 anos. O xoven lanzador de Martelo, Yago Araújo faría gala da progresión que está a ter esta tempada, establecendo unha nova MMT con 61.60m, quedando en 7º posición. En 9º posto quedaría a saltadora Uxía Paz, quen no seu primeiro campionato de España absoluto asinaría 12.13m.

De volta á nosa comunidade autónoma, a federación galega de atletismo organizou diversos campionatos galegos.  Na localidade lucense de Lourenzá disputouse o “XIII Campionato Xunta de Galicia de Milla” en Ruta 2022 e Cto. Xunta de Galicia de 1Km, onde o noso atleta Marcos Rivas proclamouse Subcampión Galego de Milla cun rexistro de 04:39.

A 100km máis ao sur, nas pistas ourensás de Pereiro de Aguiar, celebrouse o “XXXVIII Campionato Xunta de Galicia de Clubs Sub16 – Sub20”, campionato no cal o celta atletismo obtivo 3 podiums en total nas 2 categorías.

O equipo Sub20 masculino obtivo 135.5, superando por gran marxe aos seus competidores, cunha vantaxe de máis de 30 puntos, converténdose no mellor combinado galego da categoría. O primeiro posto tamén o ocuparían os homes Sub 16, quen se impuxo aos seus rivais cun total de 104 puntos. Pola súa banda o conxunto feminino, en categoría sub16, subiría ao segundo caixón do pódium só superado en 6 puntos pola sociedade ximnástica de Pontevedra.