
Outro ano máis puido verse atletismo no Estadio de Fútbol de Balaidos, outro ano no que a «INVASIÓN CELESTE» tinguiu de azul as rúas de Vigo, e no que sobretodo viviuse unha xornada cun ambiente festeiro e cheo de grandes momentos.
Esta carreira popular sempre é especial para nós, dado que temos o pracer de colaborar na organización ca Fundación Celta, ademáis neste ano tivemos algo máis de cuarenta voluntarios facendo posible que todo funcionase, case case, coa precisión dun reloxo suizo.

Xa a nivel deportivo, as carreiras comezaron cos «Chiquiceltas», correndo dentro do estadio, e sacando a toda grada moitos aplausos e berros de ánimos. Despois destes pequenos atletas, comezaron as probas máis competitivas, e que reuniron a cerca de 1700 persoas.

Entre os nosos atletas, temos que destacar moitas e moi boas actuacións, comezando con Gonzalo Basconcelo que volveu ganar con autoridade a proba senior, sendo Manuel Martínez segundo senior, tamén a Francisco Rodríguez que foi terceiro en V35, Antonio Fuertes que venceu en V50 e a Edwin David Orejuela que entrou terceiro en Xuvenís. En mulleres temos que destacar a Cristina Estevez que foi segunda na proba senior e venceu na categoria V40, e a Aida Martínez que ganou entre as Xuvenís.

En canto os nosos membros da Escola Celta Atletismo, destacamos as victorias de Hugo Suárez en categoría Cadete e Pedro Vázquez en categoría Infantil, na que Daniel Crespo entrou en segunda posición.
Pero sen dúbida, o claro vencedor da xornada de onte foi o bo rollo e o compañeirismo de todos os participantes e voluntarios. Festa, atletismo e celtismo xuntos da man no mellor lugar posible.
