II TROFEO SOLIDARIO DE NADAL CELTA ATLETISMO. Unha marea de solidariedade.

Este fin de semana a nosa actvidade competitiva volve a ser do máis prolífica, decenas de atletas célticos compiten por toda a península.

En primeiro lugar, queremos destacar a competición que terá lugar este sábado pola mañá nas Pistas de Balaidos e que o noso Club organiza, o II Trofeo Solidario de Nadal Celta Atletismo. Unha competión atlética para rapaces en idade escolar na que ademáis, recaudaranse xoguetes e alimentos non perecedoiros para as familias menos favorecidas da nosa cidade. AFAN e STOP, serán ás dúas Asociacións Benéficas destinatarias dos lotes recaudados. Case que 600 atletas participarán nesta bonita competición e, entre eles, moitos dos nosos nenos en nenas da Escola Celta Atletismo que terán a oportunidade de demostrar os seus progresos e a súa bondade.

Ata Lugo e o pais veciño, desplázanse numerosos célticos co obxetivo de comprobar o seu estado de forma nestes primeiros días de decembro e, o mesmo tempo, optar a facer unha marca que lles de un posto na vindeira Copa de Galicia de Pista Cuberta (7 de xaneiro). Adolfo Sáinz – Maza, debutará esta temporada no II Trofeo Verxel de Nadal sendo da partida en 60m, 60m vallas e salto de altura. Por outro lado, varios dos nosos atletas cruzan a ponte de Tui para competir en Braga e en Pombal durante toda a fin de semana, atentos a Pedro Juncal, Gonzalo Basconcelo, Xosé Fernández, Pablo Vicente, Nediam Vargas, Alice Finot, Raquel AriasCelia Pérez, Karolina P., Olaya Abril Laura Chapela.

Por último, o domingo 18 celebrase na cidade madrileña de Getafe o Campionato de España de Marcha en Ruta de Veteranos. Alí non podían faltar dous dos nosos ilustres veteranos, José Fernández e mais Julio Angueira.

Esperamos recibir moi boas novas de todos eles. ¡Força!