O Grupo Celta Atletismo e Atlántico Diario, co patrocinio da Concellería de Deportes do Concello de Vigo, Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Deputación Provincial de Pontevedra, Abanca, Patrocinadores e a participación da Federación Galega de Atletismo e o Comité Galego de Xuíces, organizará no mes de xaneiro o “I Trofeo de Atletismo +Deporte Atlántico – Celta Atletismo”.
O “I Trofeo de Atletismo +Deporte Atlántico – Celta Atletismo” terá lugar o vindeiro venres 26 de xaneiro a partires das 17:00 horas no módulo cuberto do instituto feiral de Vigo, IFEVI.