
A piques de rematar o curso atlético 2016 – 2017, non queremos dar paso a vindeira temporada sen agradecer o apoio recibido por dous dos nosos principais Socios Colaboradores.
O «Centro de Fisioterapia Lence & Martínez» e mailo «Ximnasio Saúde & Deporte», volveron ser un dos nosos patrocinadores o longo da presente temporada. Cada ano que pasa, estas dúas empresas amigas, non perden a oportunidade de colaborar con nós e por extensión co deporte da nosa cidade.

A súa implicación na Campaña de Socios 2017, a donación das novas camisetas de quencemento e abrigos oficiais, a cesión dunha das súas oficinas para as reunións da Xunta Directiva e como non, o seu incansable traballo no cuidado e posta a punto dos nosos atletas fan que o «Centro de Fisioterapia Lence & Martínez» e o «Ximnasio Saúde Deporte» sexan unha parte activa dos nosos proxectos.

Por tal motivo, so podemos darlles as gracias polo seu patrocinio e polo seu constante apoio e cariño. Esperamos seguir xuntos durante moitos anos máis.

¡Gracias! ¡Xuntos facendo equipo!