Gonzalo Basconcelo celeste para sempre.

Gonzalo Basconcelo volverá a vestirse un ano máis a celeste.

Co mercado candente a un mes do comezo oficial da tempada 2017 – 2018 os equipos comezan a oficializar as fichaxes e renovacións.

O primeiro en pasar a firmar a nova licencia polas oficinas do club foi un dos nosos buques insignia, Gonzalo Basconcelo. «É un honor que o club conte comigo para ser o primeiro en renovar. Os outros equipos xa nin me preguntan para ficharme porque saben que este é o meu sitio e a miña camiseta».

Gonzalo volverá a ser o noso primeira espada no fondo e medio fondo demostrando a aposta pola canteira do clube, nun modelo no que os atletas medran dentro do club.

Toda unha vida como celeste da que sentirse orgulloso. Como diría Gonzalo para despedirse: Ala Celta… «y que me muera si flaqueo».