Pablo Nogueira.
Hai fins de semana que sen dúbida son todo un éxito para o club, e leste, sen dúbida, foi un deles.
Ata as pistas cubertas de Sabadell acudiron un total de 6 atletas que demostraron os froitos cultivados durante os adestramentos dos últimos meses competindo no “50º Campionato de España Sub20 en Pista cuberta”.
A xoven promesa Carlota Salgado, adestrada polo exatleta olímpico David Gómez, destacou no Pentatlón, logrando unha meritoria cuarta posición con 3417 puntos. Coa súa actuación, Carlota demostrou a súa gran proxección e potencial para o futuro no mundo do atletismo.
Na proba de 3.000 metros, os atletas Mateo Rodríguez e Mario Rodríguez, ambos adestrados polo recoñecido adestrador de fondo Manu Ageitos, deron o mellor de si mesmos nunha competición moi rifada. Mateo logrou unha destacada undécima posición cun tempo de 8:40.05, mentres que Mario situouse no 17º lugar cun tempo de 9:04.30.
Pola súa banda, tres dos discípulos de Alberto Salgado tamén acudiron ao campionato. Mencía Valdivieso tivo unha actuación sobresaliente nos 60 metros, logrando unha marca de 8.03 segundos e demostrando a súa gran velocidade e capacidade na pista. Doutra banda, Carmen Barros tamén destacou nos 200 metros, logrando un tempo de 25.99 segundos. Mentres que Martín Barcia logrou unha excelente marca de 22.61 segundos na mesma proba.

Tamén puidemos gozar do atletismo master, co Campionato de España Master de Pista Cuberta celebrado tamén esta fin de semana, pero nas pista cuberta de Antequera, no que o Celta Atletismo contou coa participación de catro atletas que deron o mellor de si mesmos na competición.
Miguel Gómez, na categoría M40, logrou unha impresionante actuación ao conseguir dúas medallas de ouro. Na proba dos 60 metros planos, logrou o primeiro lugar cun tempo de 7.20 segundos, mentres que nos 200 metros planos, tamén levou a medalla de ouro cun tempo de 23.22 segundos.
O noso capitán, Fernando Paredes, na categoría M45, tamén brillou na competición, logrando o primeiro lugar no lanzamento de peso cunha marca de 12.89 metros.
Pola súa banda, Jose Fernández, na categoría M40, logrou unha destacada terceira posición na proba de 3.000 metros marcha, cun tempo de 13:05.92. E Juan Rubén Piñeira, na categoría M45, levou o primeiro lugar na mesma proba de 3.000 metros marcha, cun tempo de 14:07.04.

A nivel autonómico tamén puidemos ver a numerosos célticos competir en diferentes campionatos de Galicia.
No “Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos” o celta logrou a meritoria cifra de 6 medallas (de 6 atletas presentados).
Bran Núñez conseguiría o bronce no lanzamento de disco Sub20 con 42.80m, e o ouro no lanzamento de martelo grazas ao seu 44.99m. Tamén co ouro, pero no lanzamento de martelo Sub16 faríase o celeste Francisco De Borja do Alcázar grazas ao seu 48.44m.
Xaido Nimo faría o mesmo, proclamándose campión galego con 44.56m no lanzamento de martelo Sub18. Do mesmo xeito que xaido, Mara Davila conseguiría un ouro, pero nesta ocasión no disco Sub16, cunha marca de 30.59m.
Como broche final do campionato, a prometedora Marta Hermida faríase co ouro no lanzamento de martelo con 43.07m.
En primeiro posto tamén acabaría o celeste Hugo García, pero no “Campionato de Galicia 10000 (Abs., Sub-23, Máster) & 5000 (Sub-20, Sub-18) —Memorial Alejandro Gómez” grazas a un rexistro de 31:38.12 que lle permitiu vencer a todos os seus competidores.
Desde o Celta Atletismo, queremos felicitar aos nosos catro atletas pola súa excelente participación tanto no “Campionato de España Máster de Pista Cuberta” en Antequera, como no “50º Campionato de España Sub20 en Pista cuberta”, “Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos” e no “Campionato de Galicia 10000 (Abs., Sub-23, Máster) & 5000 (Sub-20, Sub-18) —Memorial Alejandro Gómez” demostrando o seu gran nivel e o seu compromiso co deporte. Seguiremos traballando duro para seguir cultivando éxitos no futuro!