Pablo Nogueira
A actividade atlética atópase en auxe, preparándose para as grandes citas deste inverno. Proba diso foron os numerosos campionatos dos que puidemos gozar esta fin de semana.
Sobre o tartán ourensán puidemos gozar da experiencia dos nosos atletas máis experimentados, os cales competiron no «XXXIII Campionato Xunta de Galicia Máster en Pista Cuberta e Probas Combinadas». O noso eterno capitán, Fernando Paredes colgouse o ouro autonómico na proba de lanzamento de peso M45 grazas a un lanzamento de 13.22m. José María Otero, o outro lanzador do combinado celeste, conseguiría un bronce na categoría M50 grazas aos 8.96m que separaron a bóla do círculo de lanzamentos no mellor intento. O noso Miguél Gómez, velocista incombustible, chegaría meta en primeiro lugar nos 60 m M40 grazas a un rexistro de 7.04s (establecendo un novo Record Galego) e nos 200 parando o crono esta vez nos 22.96s.
Mentres tanto, sería na Pobra do Caramiñal, ata onde se desprazaron o noso marchadores para participar no «LXXXV Campionato Xunta de Galicia Absoluto Masculino – LIV campionato Xunta de Galicia Absoluto Feminino de Marcha en Ruta». Nesta ocasión destacarían as participacións de Andrés González Pérez, quen conseguiu o ouro Sub16, Brais Suárez Tesouro cunha prata Sub18 e o bronce absoluto do noso querido veterano José Fernández Nieves.
Próxima parada: «XVII Copa Xunta de Galicia de Clubs en Pista Cuberta».