• Inicio
  • Club
    • Ranking histórico
    • Récords do Clube
    • Atletas históricos
      • Célticos Olímpicos
      • Rogelio Rivas Abal
      • Ramon Magariños Duro
      • Javier Alvarez Salgado
      • Carlos Pérez Alonso
      • David Gómez Martínez
  • ESCOLA CELTA ATLETISMO
  • SOCIOS
  • Fotos
    • Temporada 2020
    • 2019 y anterior
    • Temporada 18/19
  • Contacto
  • TROFEO ALFONSO POSADA
  • FGA
  • RFEA
Menú
  • Inicio
  • Club
    • Ranking histórico
    • Récords do Clube
    • Atletas históricos
      • Célticos Olímpicos
      • Rogelio Rivas Abal
      • Ramon Magariños Duro
      • Javier Alvarez Salgado
      • Carlos Pérez Alonso
      • David Gómez Martínez
  • ESCOLA CELTA ATLETISMO
  • SOCIOS
  • Fotos
    • Temporada 2020
    • 2019 y anterior
    • Temporada 18/19
  • Contacto
  • TROFEO ALFONSO POSADA
  • FGA
  • RFEA
Menú
  • Inicio
  • Club
    • Ranking histórico
    • Récords do Clube
    • Atletas históricos
      • Célticos Olímpicos
      • Rogelio Rivas Abal
      • Ramon Magariños Duro
      • Javier Alvarez Salgado
      • Carlos Pérez Alonso
      • David Gómez Martínez
  • ESCOLA CELTA ATLETISMO
  • SOCIOS
  • Fotos
    • Temporada 2020
    • 2019 y anterior
    • Temporada 18/19
  • Contacto
  • TROFEO ALFONSO POSADA
  • FGA
  • RFEA
Menú
  • Inicio
  • Club
    • Ranking histórico
    • Récords do Clube
    • Atletas históricos
      • Célticos Olímpicos
      • Rogelio Rivas Abal
      • Ramon Magariños Duro
      • Javier Alvarez Salgado
      • Carlos Pérez Alonso
      • David Gómez Martínez
  • ESCOLA CELTA ATLETISMO
  • SOCIOS
  • Fotos
    • Temporada 2020
    • 2019 y anterior
    • Temporada 18/19
  • Contacto
  • TROFEO ALFONSO POSADA
  • FGA
  • RFEA

FIN DE SEMANA DE RÉCORDS, MÍNIMAS E MOITAS MEDALLAS

· Pablo Nogueira. 

Como ven sendo habitual neste mes, esta fin de semana aglutinou numerosos campionatos, onde diversos atletas do Club demostraron o seu bo estado de forma nesta recta final da tempada.

Monzón albergou o «Campionato de España Sub20″, onde un total de 13 atletas defenderon a camisola céltica. Paula Piñón Sureda y María Pena Ferreiro o fixeron no lanzamento de Xavelina, onde esta última lanzaría 44.82m acadando a 4ª praza do campionato. Pola súa banda, a lucense Paula Piñón lograría lanzar a xavelina ata os 46.62m, mellorando a súa mellor marca persoal, o que lle permitiu situarse como a mellor atleta Sub20 na proba. Este lanzamento tamén estableceu un novo rexistro no Ranking do Club, converténdose no mellor lanzamento da historia do C.A. Femenino Celta ao romper o anterior rexistro de 45.88m da lanzadora Tania Fernández Lemos. A atleta lucense tamén fixo participación no lanzamento de peso e de disco, acadando unha 6ª posición no primeiro lanzamento grazas a unha marca de 10.68m e unha 13ª posición no disco grazas a un lanzamento de 32.38m.

Tras a alegría do ouro no lanzamento de xavelina, o grupo Celta Atletismo recibiría de novo unha emocionante noticia. O atleta adestrado ás ordes de Francisco Rodríguez, Jorge Román Leirós, faría vibrar a tódolos célticos ao chegar 3º na final dos 400m lisos parando o crono nos 47.38s, establecendo un novo Récord Galego e conseguindo a marca mínima para o Campionato de Europa Sub20. Nesta mesma distancia, o seu compañeiro, Chinweike David Ngwudile Igunma correría a semifinal chegando a meta en 49.52 segundos.

Pola súa parte, no sector de lanzamentos, o lanzador Miguel Ángel Granado Gil dobraría proba competindo no lanzamento de disco e no lanzamento de peso. Neste primeiro, o discípulo de Hermida conseguiría lanzar os disco ata os 47.62m obtendo o bronce na proba. No segundo lanzamento o venezolano acadaría a 5ª praza grazas a un lanzamento de 15.06m.

No medio fondo, a representación celeste estivo a mans de Clara Román Marti quen competiu nos 800m logrando cun tempo de 2.32.02 un 7º posto na súa serie.

Na mesma pista, o velocista Roi Martínez Roque faría dobrete como finalista acadando dous 8º postos, na final dos 100m (11.06s) e na final dos 200m (22.74s). Pola súa banda, o fondista céltico Hugo García Souto faría presencia nos 3000m chegando a meta nun 15º posto cun rexistro de 8:48.27.

Paralelamente a celebración do Campionato de España Sub20, na nosa comunidade, os nosos atletas Sub16 e Sub18 puideron desfrutar do seu «Campionato Galego de Aire Libre» así como do «Campionato Galego de Probas Combinadas Sub16 – Sub18″ ambos celebrados en Lugo durante toda a fin de semana.

No Campionato de Combinadas, a presencia céltica estaría asegurada coa presencia da discípula do noso ex-atleta Olímpico David Gómez Martínez, Carlota Salgado García que cunha marca de 4089 puntos acadaría a primeira posición.

No Campionato Galego Sub16 destacarían as participacións de Xaido Nimo Álvarez, cun segundo posto no lanzamento de martelo e unha marca de 39.05m, Andrés González Pérez nos 5.000m marcha cun rexistro de 27:05.45 e unha segunda posición, Valeria González Vázquez nos 300m que grazas a súa segunda posición e un tempo de 42.01s puido acadar a mínima necesaria para participar no nacional, Martina Vázquez De Oya cun segundo posto nos 100m valados grazas a un rexistro de 15.95s e un terceiro posto nos 300m valados cun tempo de 48.01s, así como a actuación de Martina Gutiérrez Palacios quen proclamaríase vencedora no salto de altura cun rexistro de 1.49m.

Pola súa parte, no Campionato Galego Sub18 puidemos desfrutar do primeiro posto de Martín Barcia Carbajal nos 100m cun fulminante rexistro de 11.07s, quen, por culpa dunhas molestias no isquiotibial non puido participar na final dos 200m.

Desta forma, parte da Escola do grupo Celta atletismo despide esta temporada tan atípica demostrando o seu bo estado de forma e funcionamento, conseguindo multitude de medallas e finalistas nestes Campionatos Galegos.

Parabéns a tod@s e… ¡“Fuego a Tope”!

PATROCINADORES
NON
TWITTER CELTA ATLETISMO
Handle @CeltaAtletismo
INSTAGRAM @CELTAATLETISMO
FOTOS CELTA ATLETISMO
Campeonato de España Sub23 AL
MAPA GALICIA ATLÉTICA
celta-atletismo-solo-pie-hd

Real Club Celta de Atletismo: rcceltaatletismo@gmail.com
C. Atletismo Femenino Celta: cafcelta@gmail.com

© CELTA ATLETISMO · ATLETISMO FEMENINO CELTA    |    DISEÑO: ESMERA MARKETING DIXITAL
Facebook
Flickr
Instagram
Twitter
Youtube

© CELTA ATLETISMO · ATLETISMO FEMENINO CELTA
DISEÑO: ESMERA MARKETING DIXITAL

Facebook
Flickr
Instagram
Twitter
Youtube