FIN DE SEMANA DE INTENSA ACTIVIDAD ATLETICA

Pablo Nogueira González.

A tempada de pista cuberta atópase no seu tramo final, é por iso que as competicións se aglutinan nos últimos fins de semana.

Nesta ocasión, a fin de semana acolleu diferentes campionatos nas que a presenza céltica foi protagonista.

Ata a cidade malagueña de Antequera desprazouse unha comitiva de catro atletas para participar no “XXXIX Campionato de España Sub-23 Short Track». Sobre o tartán puidemos ver a Jorge Román, quen quedaría ás portas do pódium, en 6º posición nos 400m con 48.07”. O discípulo do noso adestrador Alberto Salgado, Manuel Rodríguez, conseguiu un 9º posto nos 60 mv cun novo mellor rexistro, parando o crono en 8.35”. Mario Rodríguez competiu na semifinal dos 1.500m, pechando a súa participación cun rexistro de 3:59.63.

Pero sen dúbida, a emoción da xornada veu de man do lanzador de peso Miguel A. Granado, que aínda recuperándose dunha lesión obtivo unha 4º posición instaurando un novo récord galego grazas a un lanzamento de 15.81m.

Volvendo ás competicións autonómicas, puidemos ver a dous célticos subirse todo o máis alto dun pódium absoluto na nosa comunidade.

Adolfo Sainz-maza faríao en Expourense no “XXXIV Campionato Xunta de Galicia de Probas Combinadas Absoluto – Sub20 – Máster” grazas a un rexistro de de 5.225 puntos.

Pola súa banda, no “XXXV Campionato Xunta de Galicia de Marcha en ruta” celebrado na Pobra do Caramiñal, José Fernández Nieves faríase co ouro parando o crono do 10 Km nos 45:44.

Neste mesmo campionato puidemos ver a Andrés González facerse coa prata na clasificación Sub18 e a Diego García facerse coa 3º posición na mesma carreira.

ETamén puidemos ver aos lanzadores competir este inverno, en concreto, Lugo foi a cidade escollida para o “XIII Campionato Xunta de Galicia de Lanzamentos Longos Absoluto e Sub 23” onde Alicia González proclamaríase bronce no disco cun rexistro de 35.87 metros.

Os números falan por sé sos, e a tempada invernal está a ser un moi bó preludio do que poderá ser esta temporada, na que celebraremos, entre moitos triunfos, o centenario da fundación do noso clube.